Hoxe, o último día da XII Lexislatura e adico parte desta mañá a visitar as obras
de
construción do ramal de conexiónda Liña de Alta Velocidade.
coa
Liña Convencional en Taboadela.
Como xa
teño dado conta neste blog, o 9 de agosto e o 16 de setembro de 2018 visitei estas obras.
Achego estas ligazóns que acreditan o que acabo de manifestar:
Achego estas ligazóns que acreditan o que acabo de manifestar:
Cento
cuarenta días despois da derradeira visita, constato un notable avance nas estruturas, nos movementos de terras, etc. Dito isto sempre desde a posición dunha persoa que non é técnico na materia.
Lembrar
que con data 26 de febreiro de 2018, na etapa de goberno do Partido
Popular adxudicaronse estas obras a
COMSA, S.A.U.
O
importe de adxudicación total foi de 5.327.818,02 euros. O contrato
formalizouse o 20 de marzo de 2018 e o prazo de execución previsto no prego é
de doce meses.
Volverei novamente dentro dun par de meses para ver como evolucionan as obras deste ramal que permitirá a continuidade da conexión ferroviaria de alta velocidade entre a cidade de Ourense e a Meseta, mentres se tramita e constrúe a Variante Exterior de Ourense.

Agardo que daquela o avance sexa moito máis evidente.
Recibirá resposta