Esta mañá a primeira hora saín a correr pola cidade e aproveitei para
facelo tamén polas beirarúas da Avenida Otero Pedrayo, que onte mesmo foi visitada polo presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo e o alcalde de Ourense
Jesús Vázquez.
As obras foron rematadas recentemente tras o investimento pola Xunta de 2,2
millóns de euros.
Trátase dunha actuación de reforzo da seguridade viaria e integración na
trama urbana, ambiciosa e completa, coa que o Goberno galego lle deu resposta
ás necesidades dos veciños.
A Xunta actuou nos 2 primeiros km desta estrada, que conta con tráfico
intenso ao atravesar o campus universitario e ser, ademais, unha das vías de
entrada á cidade.
Contempla dúas glorietas, no acceso ao barrio da Rabaza e ao campus norte, e
admáis houbo unha mellora da rede de abastecemento, saneamento e drenaxe.
Tamén foron executadas as novas beirarrúas e un tramo de senda peonil, así
como instalada a iluminación coa colocación de luminarias LED para maior
eficiencia enerxética, e os semáforos con pulsador para favorecer o paso dos
peóns.
Puiden ver rematados os traballos de xardinería e acondicionamento do
interior das novas glorietas, nas que se colocaron fontes con iluminación
decorativa, para reforzar o vínculo de Ourense coa auga, símbolo xa da cidade.
E
perfectamente executado o aglomerado, o pintado da estrada e a sinalización.
A miña impresión é de gran satisfacción pois esta Avenida é unha arteria fundamental de entrada á cidade, e precisaba de melloras da seguridade víal para peóns e conductores.
Está ubicada nun barrio onde viven milleiros de ourensáns e ademáis e o vial de acceso ao Campus Universitario, que así queda revalorizado.
Parabéns á moi eficaz conselleira Ethel Vázquez e por suposto ao noso alcalde Jesús Vázquez,
loitador incansable para que estas obras sexan hoxe unha feliz realidade.
Recibirá resposta