Hoxe o vicesecretario de Organización e director de campaña do PP, Javier Maroto, presentou o lema de campaña de o Partido Popular para as proximas eleccións xerais do 28 de abril. “Valor Seguro” é, ao seu xuízo, un slogan que se pode “declinar” e que “o resume todo”, porque o PP de Pablo Casado é, sempre, a garantía e o único valor seguro.
Neste sentido, o dirixente popular explicou que para a mayoría de españoís só hai dous candidatos para presidir o Goberno: Pablo Casado ou Pedro Sánchez, dúas formas moi distintas de facer política. “Casado é o valor seguro para os intereses dos españois; Sánchez é xusto o contrario, a incerteza, o risco e volver ás políticas económicas de Zapatero”,
VALOR SEGURO, AUTÓNOMOS, EDUCACIÓN E IGUALDADE DE OPORTUNIDADES
O vicesecretario popular afirmou que o PP é un valor seguro para o emprego, porque as políticas do Partido Popular son as únicas que conseguen crear postos de traballo a un ritmo de máis de 500.000 novos empregos ao ano . É tamén un valor seguro para a economía, o crecemento económico, a defensa do pequeno comercio, dos autónomos e dos aforradores (aos que protexe con desgravacións de IRPF de ata 8.000 euros). O PP é tambié eunha garantía para os pensionistas, porque representa “a eficacia e a solvencia” en materia de pensións: “O noso candidato non votou a favor da conxelación das pensións, nin as puxo en risco”. “Se goberna o PP, as pensións serán un valor asegurou.
Javier Maroto recalcou ademais que o seu partido é senónimo de garantía para a baixada de impostos. Así, puxo en valor a “ revolución fiscal” que propón o PP e que contempla a baixada do IRPF ata un tipo máximo do 40%, no imposto de sociedades ata un 20% e a supresión dos impostos de patrimonio, sucesións, doazóns e hipotecas.