jueves, 25 de abril de 2019

EPA 1T 2019: O paro sobe en Ourense en 2.300 persoas e baixa a ocupación en 2.000 persoas

Difunde hoxe o INE a Enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondente ao primeiro trimestre de 2010.

Segundo estes datos en España o número de ocupados diminúe en 93.400 persoas no primeiro trimestre de 2019 respecto ao trimestre anterior (un –0,48%) e sitúase en 19.471.100. En termos  desestacionalizados a variación trimestral é do 0,76%.

O emprego creceu en 596.900 persoas (un 3,16%) nos 12 últimos meses.

A ocupación aumenta este trimestre en 2.600 persoas no sector público e descende en 96.100 no privado. Nos 12 últimos meses o emprego incrementouse en 489.100 persoas no sector privado e en 107.900 no público.

Os asalariados diminúen este trimestre en 95.800. Os que teñen contrato indefinido increméntanse en 89.900, mentres que os de contrato temporal redúcense en 185.800. En variación anual, o número de asalariados crece en 565.500 (o emprego indefinido aumenta en 455.100 persoas e o temporal en 110.400). O número de traballadores por conta propia sobe en 1.600 este trimestre e en 30.400 nos 12 últimos meses.

A ocupación aumenta este trimestre na Agricultura en 14.100 persoas e baixa nos Servizos en 109.200. Na Industria e na Construción apenas varía. No último ano o emprego sobe nos catro sectores. Nos Servizos hai 429.400 ocupados máis, na Construción 129.500, na Industria 32.100 e na Agricultura 5.900.

Os maiores incrementos de emprego este trimestre danse en Andalucía (15.900 máis), País Vasco (5.300) e Estremadura (5.100). Os maiores descensos obsérvanse en  Illes  Balears (–40.000), Castela e León (–26.200) e Canarias (–20.900). No último ano case todas as comunidades incrementan a súa ocupación. Andalucía (138.500 máis), Cataluña (87.700) e Comunidad de Madrid (83.100) presentan os maiores aumentos.

O número de parados sobe este trimestre en 49.900 persoas (1,51%) e sitúase en 3.354.200. En termos  desestacionalizados a variación trimestral é do –2,92%. Nos 12 últimos meses o paro diminuíu en 441.900 persoas (–11,64%).

A taxa de paro sitúase no 14,70%, o que supón 25 centésimas máis que no trimestre anterior. No último ano esta taxa descendeu en 2,05 puntos. • Por comunidades, as maiores baixadas trimestrais do paro danse en  Comunitat Valenciana (–6.800), Región de Murcia e Comunidade Foral de Navarra (–6.300 cada unha). E os maiores incrementos en  Illes  Balears (38.100 parados máis), Castela e León (11.600) e Principado de Asturias (10.500). En termos anuais, as maiores reducións do número de parados prodúcense en Andalucía (146.300 menos),  Comunitat Valenciana (–75.700) e Comunidad de Madrid (–54.300).

O número de activos descende este trimestre en 43.500, ata 22.825.400. A taxa de actividade baixa 25 centésimas e sitúase no 58,35%. No último ano a poboación activa incrementouse en 155.100 persoas.

GALICIA

No primeiro trimestre de 2019 a poboación galega de 16 ou máis anos situouse en 2.333.900 persoas, das cales 1.234.200 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 52,9%. Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos e de activas diminúe en 2.800 persoas, mentres que a taxa de actividade diminúe 0,1 puntos respecto ao cuarto trimestre de 2018.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2018, o número de persoas activas diminúe en 2.400 persoas e a taxa de actividade diminúe 0,1 puntos.

A ocupación diminúe en 7.900 persoas no primeiro trimestre de 2019 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.080.200 persoas ocupadas. A taxa de ocupación diminúe 0,3 puntos neste trimestre, ata o 46,3%.

Nos últimos doce meses o número de ocupados e de ocupadas aumentou en 30.100 persoas, o que supón unha suba do 2,9% en termos relativos.

Por sexo, neste trimestre reduciuse a ocupación masculina e aumentou a feminina: o número de ocupados varóns diminuiu en 8.100 persoas respecto ao cuarto trimestre do ano 2018 e a ocupación das mulleres aumentou en 200 persoas. En termos de taxas, isto tradúcese nunha baixada da taxa de ocupación masculina de 0,7 puntos mentres a feminina manténse sen variacións.

Con respecto ao primeiro trimestre do ano 2018, o número de homes ocupados aumenta en 12.000 persoas (un 2,2%), mentres que o de mulleres ocupadas aumenta nun 3,6%.

Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE 2009), o número de persoas ocupadas neste trimestre aumenta na industria e diminúe na agricultura e pesca, na construción e nos servizos. Na industria a ocupación aumenta en 1.900 persoas con respecto ao cuarto trimestre de 2018; pola contra, o sector primario rexistra unha diminución de 4.300 persoas na cifra de ocupación, a construción de 1.900 persoas e os servizos de 3.400 traballadores e traballadoras menos.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2018, a ocupación diminúe na agricultura e pesca un 8,8% e na construción un 1,1%; pola contra, na industria a ocupación aumenta un 1,1% e nos servizos un 4,7%.

En Galicia había 865.100 persoas asalariadas no primeiro trimestre de 2019, 641.500 con contrato indefinido e os 223.600 restantes con contrato temporal. Con respecto ao trimestre anterior rexístranse 5.000 asalariados e asalariadas menos con contrato indefinido, o que supón unha diminución de 0,8 puntos en termos relativos. O número de persoas suxeitas a un contrato temporal diminúe en 3.200 efectivos (o que supón, en termos relativos, unha baixada do 1,4% con respecto ao cuarto trimestre de 2018). No que respecta á variación interanual, as persoas con contrato indefinido incrementáronse un 5,2% e as persoas con contrato temporal aumentaron un 0,9%.

A taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de persoas con contrato temporal sobre o total de asalariados e asalariadas, sitúase no 25,8%.

No primeiro trimestre de 2019 en Galicia había 153.900 persoas en paro, 5.000 máis que no trimestre anterior. A taxa de paro aumenta 0,5 puntos e sitúase no 12,5%.

Con respecto ao primeiro trimestre do ano 2018, o número de parados e paradas diminúe en 32.600 persoas (un -17,5%) e a taxa de paro 2,6 puntos.

Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, aumenta tanto o paro masculino como o feminino: o número total de homes parados sitúase en 77.500 persoas (4.800 máis que hai tres meses) e o de mulleres é de 76.500 persoas (300 mulleres máis en paro). A taxa de paro masculina aumenta en 0,8 puntos porcentuais e a feminina mantense sen variacións, situándose a primeira no 12,1% e a segunda no 12,8%.

No tocante á variación interanual, o número de parados entre o sexo masculino descende en 13.600 persoas (un 14,9% menos), e o volume de paradas en 18.900 persoas (un 19,8% menos que hai un ano).

No primeiro trimestre de 2019, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro aumenta en 800 unidades e sitúase en 55.000 fogares. Respecto ao primeiro trimestre de 2018, esta tipoloxía de fogares redúcese un 20,2%.

Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados diminúe en 2.900 unidades. O número de fogares nesta situación é de 601.600. En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai 21.800 fogares máis nesta situación, o que supón unha suba do 3,8% en termos relativos.

Dos 317.600 mozos e mozas galegos de entre 16 e 29 anos, 114.600 (o 36,1%) están ocupados, 34.300 (o 10,8%) parados e os 168.700 (o 53,1%) restantes son inactivos.

A taxa de ocupación deste colectivo sitúase no 36,1% no primeiro trimestre de 2019. Con respecto ao trimestre anterior diminúe 2,4 puntos; con respecto ao mesmo trimestre do ano 2018 diminúe 0,1 puntos.

A taxa de paro xuvenil sitúase no 23,1% neste trimestre; aumenta 1,6 puntos respecto ao trimestre anterior. En comparación co primeiro trimestre de 2018 diminuíu 2,7 puntos.

No primeiro trimestre de 2019, o 71,4% dos ocupados e das ocupadas de entre 16 e 29 anos traballa a xornada completa. Con respecto ao cuarto trimestre de 2018, esta cifra redúcese un 8,9%, mentres que o de mozos e mozas ocupados a xornada parcial aumenta en 300 persoas. Con respecto ao primeiro trimestre de 2018 aumenta a ocupación xuvenil que traballa a xornada parcial (en 1.000 persoas) e diminúe a ocupación a xornada completa (en 2.000 persoas).

OURENSE

Os datos do INE acreditan que Ourense conta no primeiro trimestre de 2019 con 110.100 ocupados (1.300 menos que hai un ano) e  18.500 parados (8.900 menos que hai un ano).

Con relación ao trimestre anterior (IVT 2018) a ocupación desciende en 2.000 persoas e o paro medra en 3.300 persoas

A taxa de paro sitúase nun 14,87 %  0,60 puntos menos que hai un ano. e 1,75 máis que no IVT de 2.018.

A taxa de actividade sitúase no 47,89 %, 0,06 puntos máis que hai un ano.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta