domingo, 14 de abril de 2019

Ourense celebra o Domingo de Ramos


Esta mañá dominical tiven oportunidade de acompañar a un gran xentío de ourensáns que se achegaron ata o Parque de San Lázaro para celebrar o Domingo de Ramos.

O bispo de Ourense, Don Leonardo Lemos Montanet, bendixo os ramos e as palmas, léronse varias oracións e despois dunhas palabras  partiu a procesión co paso da “Borriquiña” polas rúas do Paseo, Lamas Carvajal, Ceano e finalizou na Catedral. Onde de seguido tivo lugar a Santa Misa.

Resaltar a gran cantidade de nenos e maiores que participaron nestes actos relixiosos de gran tradición na nosa cidade.








Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta