jueves, 11 de abril de 2019

Xerais 2019: Reunidos en Leiro cos presidentes das catro denominacións de orixe do viño de Ourense na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia


Esta mañá os candidatos ao Congreso e ao Senado do Partido Popular ás vindeiras eleccións xerais, realizamos unha visita en Leiro á Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), onde reunímonos cos presidentes das catro denominacións de orixe do viño da provincia.





Nun amplo encontro de case que dúas horas, os presidentes das denominacións do Ribeiro, Juan Casares –tamén director do centro-; Monterrei, Lara da Silva; Valdeorras, José Luis García; e Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, expuseron a situación do sector e formularon as principais demandas que, entenden, compre atender para defender e potenciar este ámbito.

Neste sentido, Ana Vázquez puso énfase nos aspectos que converten á viticultura nun sector de primeira orde para a economía ourensá, con 10.300 viticultores, 274 adegas e un movemento económico de case 96,4 millóns de euros. “O papel que está a xogar este ámbito é fundamental como dinamizador do territorio, pero non só como actividade económica, senón como embaixador da provincia a través dun produto de absoluta calidade e, como retorno, do turismo”.

O sector  vitícola ten un enorme potencial como dinamizador do territorio, “un ámbito no que o Partido Popular de Ourense está totalmente comprometido polo que supón como xerador de riqueza no rural”, dixemos.

Así se reflicte no programa do Partido Popular, dixo, “que inclúe o agroturismo como unha actividade a potenciar, dentro da súa aposta por xerar novas oportunidades de futuro para o rural”. Ana Vázquez exemplificou ese compromiso no apoio das administración públicas, como os sete millóns de euros en axudas da Xunta de Galicia ou o apoio ás rutas do viño e maila internacionalización por parte da Deputación, este último capítulo con 200.000 euros.

 Foron tamén interesantesas aportacións feitas por Miguel Viso, experto na materia e que foi presidente da D.O. do Ribeiro, de Avelino García candidato ao Congreso e veciño dunha localidade onde o viño é moi importanté, A Rúa de Valdeorras e por suposto do candidato o Senado Francisco Fernández, alcalde de Leiro e gran potenciador de numerosas accións promocionais da viticultura, como a Festa da vendima, as rutas do viño, etc.

Tivemos oportunidade de coñecer o traballo que está a desenvolver a Estación, como centro de referencia do viño en Galicia.

Para o desenvolvemento das súas actividades, o centro dispón dunha edificación propia de 800 m2 distribuídos en dous andares. Inclúe tres laboratorios de análise e adega experimental con capacidade para 20.000 litros. Además conta con invernadoiros climatizados para a reprodución e conservación de material vexetal de viña. Unha nave para a destilación de augardente para ensaiar distintas tecnoloxías de elaboración.

E unha leira experimental anexa ao Centro de 4 hectáreas de extensión


Visitamos o seu eficiente laboratorio, acreditado pola ENAC segundo norma UNE-EN-ISO 17025. O cumprimento desta norma é unha garantía da calidade das análises que realizan. Nel realizasen os ensaios e técnicas seguintes: grao alcohólico volumétrico, pH, acidez total, acidez volátil, azucres, ácido cítrico, metanol, etc.


Salientar tamén a actividade investigadora que desenvolve e a transferencia dos coñecementos adquiridos ao sector aportando solucións reais aos problemas actuais da viticultura galega.

E tamén coñecemos as actividades formativas que organizan, xornadas, talleres prácticos, relatorios e cursos de formación, de xeito que todo profesional do sector pode acceder a elas sen grandes esforzos económicos e de tempo.

Parabéns ao EVEGA polo traballo que realizan ao servizo da viticultura de Galicia.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta