domingo, 7 de abril de 2019

Xerais 2019: O Partido Popular cre no potencial do sector primario ourensán para “vivir no rural e do rural”

Hoxe os candidatos do Partido Popular de Ourense ao Congreso e ao Senado viaxamos á comarca da Baixa Limia, visitando explotacións apícolas e gandeiras en Lobios e Lobeira, así como o Mercado do Xurés en Bande como exemplo da posta en valor da producción no sector primario.

Na Cooperativa Apícola do Xurés, en Lobios, Vázquez coñecemos a realidade da problemática da produción de mel, á que se dedican na provincia de Ourense 1.275 apicultores con preto de 77.000 colmeas. “O noso compromiso con estes produtores ten que pasar pola mellora da produción e comercialización dun produto de indudable calidade amparado pola Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia”, dixo Ana Vázquez , sen deixar de citar o necesario apoio que precisa a apicultura para loitar contra un dos seus principais enemigos, a vespa velutina.

Xa en Lobeira, os candidatos visitamos unha das preto de 3.000 explotacións gandeiras existentes na provincia, das que a meirande parte están dedicadas á reproducción para a produción de carne. Ana Vázquez insistiu na necesidade de facilitar a apertura de novas explotacións, “como medio de incorporación de mozos ao rural”, facendo énfase nas oportunidades que se presentan ao falar da preservación de razas autóctonas, pero sen esquecer que temos que posibilitar a formación dos novos produtores e movilizar terras para cubrir as necesidades do gando”.


 Por último, no Mercado do Xurés de Bande, tivemos ocasión de coñecer un amplo abano de produtos de calidade, “que nos permiten comprobar como é posible dar valor engadido á produción no rural”.

Non faltaron tampouco referencias á Política Agraria Común. Os candidatos do PP ourensán, directamente vencellados ao rural, lamentaron que “os socialistas só coñezan a realidade do sector primario desde os despachos, o que se demostra no feito de que a PAC desaparecera da súa axenda e das súas prioridades”.

Ana Vázquez, defendeu a decidida aposta que o Partido Popular de Ourense ven de facer desde hai anos polo rural, “impulsando todo tipo de iniciativas para xerar unha economía produtiva e facer do campo unha actividade rendible”.  Mesmo, lembrou, “fomos quen de converter a despoboación dos nosos pobos nunha cuestión de Estado, creando un comisionado para o reto demográfico, e procurando máis servizos de calidade cun plan de banda ancha para a conexión de internet no rural, que o goberno de Sánchez cancelou”.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta