Informa hoxe Adif que aprobou a licitación do contrato de execución das obras de reparación de desmontes situados entre os puntos quilométricos ( pp. kk) 34/750 e 43/220 do tramo Monforte de Lemos-Ourense, na liña ferroviaria Monforte-Vigo, e máis concretamente, nos municipios da Peroxa, Coles e Ourense, dentro da provincia de Ourense.
O investimento total do contrato de licitación alcanza os 3.824.988,20 (IVE incluído) e conta cun prazo de execución de 13 meses.
En virtude deste contrato reforzaranse e repararán 11 desmontes, co obxectivo de mellorar a seguridade e estabilidade na infraestrutura ferroviaria. Ditas obras enmárcanse nas actuacións promovidas por Adif para a mellora da conexión ferroviaria entre Ourense, Monforte e Lugo, tanto para tráfico de viaxeiros como de mercadorías.
As actuacións realizaranse principalmente na banda de mantemento da liña, polo que a afectación ao servizo ferroviario de viaxeiros será mínima ou inexistente.
Melloras no traxecto ferroviario Ourense-Monforte-Lugo
Informa Adif que ten en marcha e en proxecto diversas actuacións de modernización no traxecto ferroviario Ourense-Monforte-Lugo, co obxectivo de mellorar a súa fiabilidade e competitividade.
Así, as novas instalacións de seguridade e a electrificación a 25 kV en corrente alterna permitirán a conexión de Lugo coa Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia. O proxecto de electrificación atópase xa en supervisión, co trámite ambiental simplificado en marcha.
Entre Ourense, Monforte e Lugo, o proxecto de adecuación e modernización da vía atópase en redacción, co obxectivo de licitar as obras proximamente. Xa se están licitando materiais como balasto, carril, travesas ou aparellos de vía.
Tamén se atopan en desenvolvemento outros proxectos de tratamento de elementos de infraestrutura, algún deles xa en licitación, como a mellora de 23 pontes entre Ourense e Monforte, por un importe de 1,4 M€ (IVE incluído).
Iniciáronse tamén os traballos para a redacción da supresión de 36 pasos a nivel, unha vez asinados os contratos.
Como actuación destacable en Oural, é necesario construír un novo túnel, cuxo proxecto se atopa na actualidade en redacción.
O Miño visto desde o tren en Os Peares |
Ademais, no tramo Monforte-Lugo xa se atopa en servizo a variante da Pobra de San Xiao, que permitiu a eliminación de 14 pasos a nivel do anterior trazado e incrementar a velocidade de paso dos trens ata o 160 km/ h.
Como dícia noutra entrada do 17 de marzo celebro está licitación de Adif, que da continuidade o traballo iniciado na etapa de goberno do Partido Popular.
A renovación da liña de ferrocarril entre Lugo e Ourense, é unha auténtica necesidade e incidirá na comodidade e na velocidade dos percorridos, contribuindo ao incremento de viaxeiros e favorecendo a cohesión territorial da Galicia interior.
Como dícia noutra entrada do 17 de marzo celebro está licitación de Adif, que da continuidade o traballo iniciado na etapa de goberno do Partido Popular.
A renovación da liña de ferrocarril entre Lugo e Ourense, é unha auténtica necesidade e incidirá na comodidade e na velocidade dos percorridos, contribuindo ao incremento de viaxeiros e favorecendo a cohesión territorial da Galicia interior.
Recibirá resposta