Como dicía na anterior entrada, onte recibíamos a excelente
nova de que a Ribeira Sacra foi elixida candidata de España
para Patrimonio Mundial da UNESCO.
Un éxito froito do traballo de cooperación entre
administracións e entidades, no que tamén participou co seu impulso o Congreso
dos Deputados.
Lembro agora
que hai máis de catro anos, o 11 de marzo de 2014 acompañaba con otros dos deputados galegos, o luucense Joaquín García Díez e o coruñes Antonio Erias, a miña compañeira
deputada ourensá Ana Belén Vázquez na Comisión de Cultura do
Congreso, onde ela defendía unha Proposición non de Lei do GPP que logrou o apoio
unánime da Cámara Baixa para instar ao Goberno a apoiar e defender nas
instancias internacionais oportunas a candidatura como Patrimonio
Mundial da Ribeira Sacra.
Así o facía constar no meu Blog
http://www.celsodelgado.gal/2014/03/hoxe-mina-companeira-deputada-ourensa.html
Ana Vázquez, naquel día puxo en valor este espazo natural da provincia de Ourense, compartido xeográficamente coa de Lugo, e destacou que a Ribeira Sacra tiña méritos dabondo para ser incluído, xa que, segundo dixo, a paisaxe xurdida polo moldeado que durante séculos realizaron os ríos Miño e Sil que formaron uns canóns escarpados e agrestes, e digna de admiración.

Destacou que se trata dun territorio cuns perfís xeomorfolóxicos propios, cunha paisaxe única no que se mesturan bosques de castiñeiros e carballeiras centenarias, cos socalcos de viñedo que os agricultores da sua denominación de orixe manteñen en produción desde fai séculos.
Recoñeceu as dificultades do proceso que se pide, xa que España era entón o terceiro país do mundo con máis bens inscritos na Lista de Patrimonio Mundial, cun total de 44, tras Italia (49) e China (45), e era consciente de que cada Estado só pode presentar un máximo de dúas candidaturas ao ano, das que polo menos unha delas debe corresponder a un ben natural e a outra a un ben cultural ou unha paisaxe cultural.
Lembrou que a Ribeira Sacra atopábse xa inscrita na Lista Indicativa de
Patrimonio Mundial desde o ano 1996, unha lista que constitúe un repertorio
previo no que as futuras candidaturas deben ser incluídas antes de poder ser
presentadas formalmente á Lista de Patrimonio Mundial; e que as Diputacions
Provinciais de Ourense e Lugo xa aprobaran o apoio a esta candidatura, igual
que os concellos afectados de ambas provincias e o Parlamento de Galicia.
Este a ligazón ao Diario de Sesións, no que poden leerse todas as intervencións, incluída a da deputada Laura Seara en nome do PSOE.
Este a ligazón ao Diario de Sesións, no que poden leerse todas as intervencións, incluída a da deputada Laura Seara en nome do PSOE.