O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de marzo de 2019.
Son os seguintes:
Ourense:
Baixa o paro rexistrado en marzo en relación co mes anterior en 32 persoas, un 0,17 %.
A nivel interanual, isto é, con respecto a marzo do ano pasado, 826 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 4,11 %.
O número de parados queda en 19.265, deles 8.408 son homes e 10.857 mulleres, 18.149 son maiores de 25 anos e 1.116 menores.
Por sectores, 1.070 son da agricultura, 2.306 da industria, 1.614 da construción, 12.396 nos servizos e 1.879 do colectivo sen emprego anterior.
Galicia:
O paro rexistrado de Galicia baixa en marzo en 2.868 persoas con respecto a febreiro (un – 1,65 %). Unha cifra moi positiva porque nos meses de marzo dos últimos dez anos (2009-2018) o descenso medio era de 882 persoas.
O número de parados queda en 170.841, deles 72.298 son homes e 98.543 mulleres, 162.391 son maiores de 25 anos e 8.450 menores.
Por sectores, 6.170 son da agricultura, 19.024 da industria, 13.987 da construción, 117.193 nos servizos e 14.467 do colectivo sen emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto a marzo do ano pasado, 14.262 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 7,70 %, situando á Comunidade en niveis de paro moi inferiores aos de hai 10 anos.
Mellora o comportamento do Estado ao caer o paro en Galicia case tres puntos máis (Galicia: -7,70; España: -4,89 %). Oparo baixa tamén: nas 4 provincias galegas e nas 7 grandes cidades; en todos os sectores de actividade, liderando o descenso a construción (-21,10%), seguido da industria (-10,51%), da agricultura e a pesca (-8,31%) e dos servizos
(-5,19%).
Mellora o comportamento do Estado ao caer o paro en Galicia case tres puntos máis (Galicia: -7,70; España: -4,89 %). Oparo baixa tamén: nas 4 provincias galegas e nas 7 grandes cidades; en todos os sectores de actividade, liderando o descenso a construción (-21,10%), seguido da industria (-10,51%), da agricultura e a pesca (-8,31%) e dos servizos
(-5,19%).
España:
En marzo de 2019 o paro rexistrado nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego reduciuse en 167.467 persoas respecto ao mesmo mes do exercicio anterior, cun ritmo de redución interanual do 4,89%. En termos desestacionalizados, o paro diminuíu en marzo en 12.692 persoas respecto ao mes anterior.
O número de parados rexistrados no mes de marzo deste ano baixou en 33.956 traballadores en relación co mes anterior. En valores relativos, este descenso do paro é dun -1,03%. Trátase do menor ritmo de redución do paro desde 2014.
Así, a cifra total de desempregados sitúase en 3.255.084. O desemprego masculino sitúase en 1.338.897 persoas, ao diminuír en 21.328 persoas (-1,57%). O número de traballadoras en paro redúcese en 12.268 persoas respecto ao mes anterior (-0,65%) quedando o rexistro de desemprego feminino en 1.916.187 persoas. Se a comparativa é con marzo de 2018, o paro masculino baixa en 115.223 (-7,92%) persoas, e o feminino redúcese en 52.244 (-2,65%).
Respecto a os mozos, o desemprego dos menores de 25 anos tamén se reduce en 1.661 persoas (-0,62%) en relación ao mes anterior, mentres o paro de 25 e máis anos baixa en 32.295 (-1,07%).
Por sectores económicos de procedencia, o paro rexistrado baixa en Industria en 4.000 (-1,41%); en Construción en 4.555 (-1,71%), e en Servizos en 32.401(-1,40%). Os incrementos déronse na Agricultura con 1.722 (1,12%) persoas e no colectivo Sen Emprego Anterior en 5.278 (1,90%) persoas máis.
O paro rexistrado baixa en 16 comunidades autónomas, principalmente en Andalucía (-8.040), Comunidade Valenciana (-5.200) e Illes Balears (-3.364). A subida do paro rexístrase na Rioxa (119).
Recibirá resposta
Recibirá resposta