Nel falou a presidenta deste Distrito do PP Eugenía Díaz, o alcalde de Ourense, eu mesmo e a candidata número un ao Congreso Ana Belén Vázquez Blanco.
Na miña intervención dixen que está en xogo nas próximas eleccións un goberno que sexa útil para Ourense, para Galicia e para España que cumpra os seus compromisos.
Afirmei que o Partido Popular é o máis grande de España e un dos maiores de Europa, un partido de goberno, que conta con experiencia e un proxecto nacional, que defende a a Constitución e os Estatutos de Autonomía.
Pedín o voto para o PP que é a formación política á que os españois encargan arranxar o que os socialistas estragan, a que coas súas políticas propicia a creación de emprego e o crecemento económico.
Neste sentido din un dato moi ilustrativo, que é o da redución das listas de paro rexistrado.
Cando chegou Rajoy ao goberno de España, en decembro de 2011, había na nosa provincia un total de 28.217 parados e cando deixou o executivo tras a moción de censura, o desemprego afectaba a 19.375 persoas, unha redución de 8.842 parados menos (-31,34 %).
Dixen que o noxo obxectivo e seguir reducindo esa cifra e que estamos preocupados por as políticas de Pedro Sánchez nestes últimos nove meses, xa que non sabe reaccionar fronte a desaceleración económica e que está volvendo ás políticas de descontrol do gasto público e que ameaza con novos impostos a todos, especialmente ás clases medias, aos autónomos, aos traballadores e os emprendedores.
Finalicei dicindo " debemos saír a gañar, sempre o fixemos, cos nosos valores e coas ideas moi claras. Salgamos a gañar convencendo a todos do que defendemos e explicando o que fixemos, Salgamos a gañar con humildade pero coa cabeza alta con moderación pero con firmeza. Salgamos a gañar porque a historia demostra que cando o PP gaña, sempre gaña España, Galicia e Ourense.
Ana Belén Vázquez, nunha intervención intensa, asegurou que “son as eleccións máis importantes porque poden cambiar a historia do noso país; España pode deixar de ser unha nación unida, non queremos perder o legado da transición”. E lembrou que vimos situacións vergoñosas como que unha deputada de Bildu e o seu presidente, Otegi, alardeaban de como Sánchez rogáralles o seu apoio para apoiar un reais decreto, demostrando que os necesitan. Pediu unir o voto en torno partido popular, xa que non é #cuestión de voto útil, senón de voto unido: “Só o PP pode liderar a alternativa e que España recupere o sentido común e a prosperidade” Explicou algunha das nosas propostas en materia económica, a partir dunha revolución fiscal, coa supresión e baixada de impostos, a blindaxe fiscal do aforro, cun montante de 16.000 millóns de euros que se devolverán á sociedade para que cada cidadán decida en que quere investir ou apostar na súa vida.
E a aposta por unha alfombra vermella para os emprendedores, para que poidan crear unha empresa en 5 días, coa educación como panca de futuro, a mellora da Sanidade, a revalorización das pensións, a defensa da maternidade, a igualdade e a loita contra o despoboamento.