Tamén hoxe os candidatos ourensáns fixemos no Barco de Valdeorras outras visitas a colectivos que traballan nos ámbitos sociais, culturais e empresariais, mantenedo encontros cos representantes da Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras (Asfaval), do Instituto de Estudos Valdeorreses e da Asociación de Empresarios de Valdeorras (AEVA), dos que escoitamos as súas demandas e aos que lle explicaron as propostas que o PP inclúe no seu programa electoral para estas tres áreas.