lunes, 29 de abril de 2019

Xerais 2016: O PSdeG-PSOE gaña en Galicia, obtendo máis votos e escanos


Compre destacar a altísima participación en Galicia nas eleccións xerais de onte, que chegou ata o 73,97 %, cando en 2016 fora do 58,76 %. 

Finalizado onte o reconto o PSdeG-PSOE gañou as eleccións en Galicia recibindo un total de 524.844 votos (32,13 %), que se traduciron en dez escaños, catro máis que en 2016. 


En segunda posición quedou o PPdeG que obtivo un respaldo de 447.562 votantes (27,39 %), que supuso nove escaños, tres menos que en 2016.

En terceiro lugar aparece PODEMOS que recibiu o voto de 236.746 galegos (14,49 %) e obtivo dous escanos, tres menos que en 2016.

Y en cuarta posición aparece Ciudadanos que foi respaldado por 182.678 votos (11,18 %) e dous escanos.

Nin BNG nin VOX acadan escanos.

O PPdeG, pese ao mal resultado de perder 14,14 puntos de apoio, queda 10,70 puntos por riba da media do PP en toda España, e resulta a Comunidade con mellor resultado electoral do PP. Gaña 

Hoxe Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG, dicía: “Lamentablemente, pasou o que dixemos que podía pasar, que dividindo o voto do centro e de dereita quen gañaba era o PSOE e Pedro Sánchez”, salientando  ademais, a que a estratexia de Pedro Sánchez de divide e vencerás e de meter medo coa dereita radical para mobilizar ao seu electorado tivo os seus resultados nas urnas. Subliñou que máis de 120.000 votos ao centro e a dereita en Galicia non tiveron representación non Congreso e “con eses votos o PPdeG sería a primeira forza” na nosa comunidade.

Un dato significativo, dixo, é que Galicia foi a única comunidade autónoma na que VOX non conseguiu escanos e que tivo a metade da porcentaxe de voto que no resto de España; e onde o PP obtivo 7 escanos máis que Ciudadanos. “Dixemos que non había cabida para VOX en Galicia e non a houbo”, sostivo, tras recordar que os 85.000 votos a esta formación non obtiveron escano.

En calqueira caso o resultado é de todos, cando é bo e cando non o é. Dos bos resultados todos somos responsables, do mesmo xeito que dos malos resultados tamén todos o somos. 



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta