miércoles, 24 de abril de 2019

Xerais 2019: En Laza pedindo o voto para que haxa un goberno do PP para todos, que respecte a convivencia e que estea libre de imposicións


A última hora de onte estiven en Laza participando con Manuel Baltar, José González Vázquez, e José Ramón Barreal "Moncho", o alcalde desta localidade nun mitín diante dun auditorio completo de veciños de todas as parroquias deste fermoso concello da montaña ourensán.

Fixen unha reflexión sobre como foi a chegada de Pedro Sánchez á presidencia do Goberno, non derivada dunha elección, senón dunha inxusta moción de censura apoiada en populistas, nacionalistas e independentistas, que o único que pretendían era desaloxar do poder ao partido gañadaor nas urnas.

Incidín en que España non se pode permitir durante catro anos a frivolidade de Sánchez e pedín o voto para o Partido Popular, porque é un valor seguro para a creación de emprego, o crecemento da economía, a responsabilidade, a xestión e a unidade de España; e para que haxa un goberno como o que prefire a maioría dos galegos.

Falei sobre as pensións, unn dereito derivado do esforzo de cotizacións e afirmando que deben manter o seu poder adquisitivo. 

E que a súa revalorización terá en conta tanto o IPC como outros indicadores que garantan o cumprimento simultáneo dos principios de mantemento do poder adquisitivo e sustentabilidade.


E tamén dixen que a política fiscal debe estar guiada polo criterio de que o diñeiro, onde mellor está é no peto dos cidadáns. "Soster o Estado de Benestar non esixe gastar máis senón gastar mellor".

Rematei dicindo que Pablo Casado, ademais de ser o presidente que máis lle convén a Galicia, o é de aqueles que prefiren un goberno de España para todos, que respecte a convivencia, que estea libre de imposicións.