miércoles, 10 de abril de 2019

Xerais 2019: Encontro coa Asociación de Viúvas de Ourense


Onte os candidatos do Partido Popular ao Congreso e ao Senado, Ana Vázquez, Celso Delgado, Avelino García, Miguel Ángel Viso e Francisco Fernández, visitamos a Asociación de Viúvas de Ourense, onde mantivemos un encontro coas asociadas para explicarlles as propostas que o PP presenta no seu programa electoral, entre elas as relativas as de pensións.

“O cobro das pensións é un obxectivo absolutamente prioritario -dixo a candidata ao Congreso Ana Vázquez- polo que temos que manter a sostenibilidade económica e financeira do sistema, sen esquecer a mellora do poder adquisitivo dos pensionistas”. Citou neste sentido a Ley de Sostenibilidade das Pensións, “que entre outros aspectos recollería un complemento de ata o 15 % nas pensións das mulleres e garantiría unha suba anual do 0,26 %.

Advertiu Vázquez que “fronte ao goberno de Sánchez, que conxelou as pensións e agora quere baixar as de viudade, co executivo de Rajoy beneficiáronse 3.900 viúvas na provincia de Ourense cunha suba do 16 %”.

Tamén mencionou a candidata outros asuntos de interese para o colectivo, como a necesidade de deseñar unha lei básica de servizos sociais “que teña en conta os dereitos das persoas maiores, pero sobre todo un pacto de Estado que comprometa a todos coa vibilidade da dependencia”.

Ana Vázquez subliñou ante as asistentes a importancia do sistema de pensións de España como o pilar máis importante do Estado do Benestar, que dedica 4 de cada 10 euros ao pagamento de 9,6 millóns de pensións, “convertíndonos nun sistema solidario que nos axuda a situarnos como un dos países da OCDE con menor taxa de riesgo de pobreza entre os maiores de 65 anos, por diante de países como Alemania, Bélxica ou Austria”.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta