A provincia de Ourense “non só a construímos os que vivimos aquí, senón
que tamén se fixo co enorme esforzo de todos os que tiveron que marchar, razón
máis que suficidente para que o Partido Popular teña sempre un espazo e
iniciativas para responder ás necesidades da emigración”. Así o afirmou a
cabeza de lista ao Congreso, Ana Vázquez, durante a reunión que esta mañá
mantiveron os candidatos populares co colectivo de venezolanos residentes en
Ourense e aos que lles transmitiron as propostas que o PP inclúe nos seu
programa electoral en materia de emigración.
Ademais de Ana Vázquez, Celso Delgado e Avelino García polo Congreso,
xunto con Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte e Francisco Fernández como candidatos
ao Senado, no encontro de hoxe participou tamén o secretario executivo de
Emigración do PP de Ourense e coordinador de Acción Exterior do PPdeG, Antonio
Rodríguez Miranda.
Ana Vázquez, tamén responsable nacional do Partido Popular no Exterior,
lembrou aos asistentes que das 36 formacións populares espalladas por todo o
mundo, a de Venezuela é a que máis afiliados ten, con máis de 6.000. Unha
representación que tamén se reflicte na provincia de Ourense, onde residen
preto de 5.000 venezolanos, cifra que se eleva ata os 25.000, según o propio
colectivo, tendo en conta aos emigrantes retornados e todas aquelas persoas con
vínculos no país latinoamericano.
Nunha extensa reunión de case dúas horas, na que tanto os candidatos
como o responsable de emigración do PP escoitaron as demandas dos presentes e
responderon ás súas dúbidas, Ana Vázquez detallou as medidas que o Partido
Popular inclúe no seu programa, como a reforma da lei electoral (LOREG) para
facilitar a participación dos españois no exterior nas eleccións, unha
estratexia de coordinación entre administracións para un mellor apoio aos
emigrantes, o recoñecemenmto da nacionalidade española para fillos e netos de
emigrantes e a homologación de titulacións, co obxextivo de eliminar obstáculos
na equiparación e fomentar unha migración altamente cualificada.
No caso concreto de Venezuela, Vázquez anunciou que entre as primeiras
medidas que adoptará un goberno popular “será o recoñecemento do embaixador en
España de Juan Antonio Guaidó, autoproclamado “presidente encargado” do país,
así como un estatuto de protección temporal que lles permita obter un permiso de
residencia temporal, garantir o libre desprazamento polo país e permiso de
traballo”. Ademais, dixo, “poremos en marcha un progama de asistencia para a
reconstrucción institucional e do tecido produtivo de Venezuela”.
Recibirá resposta