A Rúa de Valdeorras foi onte o escenario elixido
polo Partido Popular de Ourense para iniciar a campaña electoral ás
eleccións xerais do 28 de abril, un lugar “desde o que imos retirar ao Goberno
da chantaxe, do paro e de quen nega a unidade de España”, dixo o presidente
provincial, Manuel Baltar, no primeiro mitin dos populares ourensáns e no que
tamén abriu campaña o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoó.
“Tres de tres é o noso reto”, afirmou Manuel Baltar
referíndose aos obxectivos do PP de Ourense para estas eleccións –tres
deputados e tres senadores- “o que xa fumos quen de conseguir en xuño de 2016”.
O presidente provincial recoñeceu desear o inicio desta campaña “para pedir o
voto e retirar a quen nunca debeu estar á fronte do goberno de España, porque
tamén nos xogamos o futuro de España e, en 44 días, o da Rúa”.
Esta non é unha campaña máis, subliñou o presidente
provincial, “senón que é a campaña do medio rural, do reto demográfico, da
recuperación da economía e da credibilidade internacional, a campaña dun
partido de goberno que soubo sacar a España da maior crise vivida en corenta
anos”.
Para este obxectivo, destacou, os populares
ourensáns teñen aos mellores candidatos ao Congreso e ao Senado que darán todo
por Ourense , por Galicia e por España. “De oito posibles temos agora seis e o
voto verdadeiramente útil ten nomes e apelidos na Rúa e en todo Valdeorras,
Avelino García”.
Non faltaron unhas palabras dedicadas ás candidatas
e candidatos de Petín, Manzaneda, Carballeda de Valdeorras, O Barco, A Veiga,
Larouco, Vilamartín e Rubiá, aos que transmitiu todo o seu apoio “xa que
ninguén dubide que en xuño serán alcaldes desta comarca”.
No Concello de A Teixeira |
O mitin comezou cunhas palabras do candidato
á alcaldía da Rúa, Álvaro Fernández, que pediu “o apoio, a vosa implicación e a
unidade do voto de toda a comarca en torno ás siglas do PP”, agradecendo ao
presidente da xunta local, Avelino García, que confiara nel para liderar a
candidatura ás municipais”. Una agradecemento que recolleu o propio
García animando a conseguir “ese terceiro deputado que será a voz de Valdeorras
no Congreso”.
Con anterioridade ao mitin da Rúa, os candidatos do
PP e o presidente provincial visitamos A Teixeira, nun acto xa tradicional para
a formación ourensá no que exemplifican a súa defensa dos pequenos concellos,
“onde viven preto de 130.000 que reivindican os mesmos dereitos e
servizos que o resto dos habitantes de vilas e cidades”, dixo Manuel
Baltar.