A cercana posta en
funcionamento do tramo Pedralba de la Pradería- Ourense, a execución das obras
da estación “Porta de Galicia” en A Gudiña,o cumprimento do cronograma previsto
para a culminación do resto da liña, a variante exterior, a estación intermodal
da capital e a dotación do mellor material móvil para á LAV, son os obxectivos
que priorizará o Partido Popular de Ourense para o proxecto de construcción da
alta velocidade a Galicia, un proxecto de Estado que supuxo o maior
investimento en infraestruturas ferroviarias xamais executado.
Este é o compromiso que os
candidatos ao Congreso e ao Senado pola provincia de Ourense para as elecccións
xerais do 28A fixemos hoxe, durante a visita que realizamos ao Concello da
Gudiña, acompañados polo presidente da xunta local do PP, José María Lago.
En nome dos candidatos, reivindiquei o constante traballo
realizado polo Partido Popular de Ourense “que estivo sempre a vangarda do
seguimento e pulo a este proxecto, reclamando a través dos seus parlamentarios
en Madrid os orzamentos necesarios para a súa execución, saíndo en defensa do
AVE cando outros partidos cuestionaron o proxecto, como os nacionalistas
cataláns de ERC e PdeCat, Ciudadanos ou mesmo nalgún caso as Mareas de
Podemos”.
Un compromiso que tamén foi
decisivo por parte do goberno de Mariano Rajoy e moi especialmente da ministra
de Fomento, Ana Pastor, así como o do seu sucesor Íñigo de la Serna,
“impulsando a liña do AVE a Galicia nas súas diferentes fases de estudo,
proxecto, tramitación ambiental, licitación e execución”.
Como consecuencia dese
compromiso, lembrei, que en poucos meses a viaxe de Ourense a Madrid
reducirase das 4 horas e 22 minutos actuáis a 3 horas e media, “unha vez
rematen as probas no tramo Zamora-Pedralba de la Pradería e que conceda a
correspondente autorización a Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria”.
Na procura de máis avances na
LAV Madrid-Galicia, os candidatos populares comprometémonos a impulsar as obras
no seguinte tramo, entre Pedralba de la Pradería e Ourense, “de tal xeito que
se poda cumprir o cronograma para a súa entrada en servizo”.
Dixen que desde o Congreso e mailo
Senado, os representes do Partido Popular seguiremos de preto a licitación das
obras da variante exterior de Ourense (Taboadela-Túnel de
Rante-Seixalbo-Ourense) “xa que o ramal que hoxe se constrúe entre Taboadela e
Ourense ten un carácter provisional”, advertin , que non esqueceu os
compromisos adquiridos para a estación intermodal de Ourense nas súas
diferentes fases.
Un labor de seguimento que non
se limita só ás obras, destaquei, “pois queremos un AVE de
máxima calidade para os usuarios, polo que demandaremos a RENFE que os novos
trens Avril de ancho variable presten servizo nesta liña, asegurando así a
conexión entre Ourense e Madrid nun tempo de 2 horas y 15 minutos.”
Finalicei afirmando que o remate das obras “do AVE fará de Ourense unha provincia máis
competitiva e con maior desenvolvemento económico e social”
A GUDIÑA, PORTA DE GALICIA
Os candidatos do Partido
Popular escollmos A Gudiña para este encontro por se tratar da primeira estación
da liña do AVE na comunidade e na provincia. As obras de execución de “Porta de
Galicia”, como así se denominarán estas instalacións, foron adxudicadas
recentemente e están chamadas a ter un papel protagonista nas comarcas de
Monterrei, Viana, Valdeorras e mesmo o norte de Portugal.
O presidente da xunta local do
PP e alcalde da Gudiña, José María Lago, agradeceu o compromiso público dos
candidatos, aos que recoñeceu o seu traballo a prol dunha infraestrutura da que
queren aproveitar todas as vantaxes que lles ofrece. “Na actualidade hai preto
de 22.000 viaxeiros ao ano que collen o AVE na nosa estación, pero seguro que
esta cifra seguirá crecendo e non podemos perder esta oportunidade”.
Así, pediu apoio aos candidatos
para mellorar as conexións co norte de Portugal, “onde hai 250.000 potenciais
usuarios do AVE”, comprometéndose pola súa banda “a tentar que os peregrinos
comecen aquí o seu percorrido pola Vía da Prata, ofrecéndolles ademais outras
experiencias como visitas aos espazos naturais que nos rodean”. O ámbito
económico tamén se verá favorecido, “pois temos unha vintena de establecementos
hosteleiros e hoteleiros que ofrecen todos os servizos necesarios”.
Recibirá resposta