Onte
asistín ao foro que sobre Galeguismo se celebrou na casa museo de Otero
Pedrayo, en Trasalba, e no que tamén se falou sobre mocidade, lingua e maila
Ourensanía no marco político.
Moderado
polo coordinador de pensamento galeguista do PP ourensán, César Fernández Gil,
o foro incluíu unha primeira mesa sobre a mocidade e o galleguismo na que
interviron o presidente provincial da Novas Xeracións, José Antonio Parente, e
a candidata á alcaldía de Boborás, Patricia Torres. Ambos os dous coincidiron
en sinalar que compre trasladar á mocidade o valor do galeguismo, como
sentimento pola súa terra e a súa cultura, como defende a formación popular.
A
segunda mesa, baixo o título de “Língua Propia de Galicia”, contou coa presenza
de Paz Lamela Vilariño, mestra e inspectora de educación, Valentín García
Gómez, experto en filoloxía galega-portuguesa, e Pablo Pérez Pérez, secretario
de organización do PP.
Paz
Lamela e Valentín García, desde a súa experiencia como secretarios xerais de
Política Lingüística da Xunta, defenderon o galego como lingua que une e que
coexiste co castelán, enriquecendo ambos os dous a formación e a cultura das
persoas. Pola súa banda, Pablo Pérez, entre tanto, incidiu na traxectoria
impecable do PP de Ourense no galleguismo.
Pechpu
o foro o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, que definiu así o carácter
da formación popular
“A identificación co territorio, as súas
xentes e a cultura son valores esenciais que deben estar presentes no ideario
de toda formación política e na súa xestión de goberno, unha característica que
só atopamos no Partido Popular de Ourense desde o exercicio máis comprometido
do galeguismo”.
Manuel
Baltar reivindicou a Ourense como berce do galeguismo, “pero non só de palabra,
senón con feitos, promovendo un novo espertar da nosa conciencia como galegos e
recoñecendo a achega de homes e mulleres que reforzaron co seu compromiso ese
sentimento”.
O
Partido Popular de Ourense, destacou o presidente provincial, “é unha formación
centrista, lonxe de radicalismos, que ten o seu segredo na moderación e no
reformismo, pero que destaca por ter o galeguismo no seu ADN, o que nos
diferenza fronte a outras formacións e nos convirte no partido que máis se
asemella ao seu territorio, poñendo en valor a nosa cultura e a nosa
identidade”. Unha característica “á que se une o maior tesouro que podemos ter,
que é a nosa lingua”.
Manuel
Baltar afirmou que “non podemos quedar en simples compromisos de papel,
por iso os populares ourensáns, a través do goberno da Deputación de
Ourense, ven contribuíndo á posta en valor do pensamento galeguista desde a
Ourensanía, recuperando as achegas dos seus fundadores”.
Así,
Baltar amosou a súa satisfacción por conseguir devolver á súa terra as cinsas
de Rodolfo Prada Chamochín, “para rescatar do esquecemento o seu inxente labor
político e cultural en América”. Unha iniciativa complementada coa exposición
do cadro de Castelao A derradeira leición do mestre, “un xeito de volver a unir
ao pai do nacionalismo galego co que fora o seu mellor amigo e fiel executor da
súas ideas de proxectos”.
Todo
elo xunto coa proposta aprobada polo pleno da Deputación de Ourense, para que
se instaure o "Día da Galicia Mártir" o día 17 de agosto de cada ano,
con carácter de celebración na Comunidade Autónoma de Galicia, en memoria e
homenaxe de todos os galegos que deron a súa vida ou padeceron o exilio por
defenderen as liberdades e dereitos do pobo galego, así como a posta en valor
da obra e pegada da Xeración Nós, coincidindo no 2020 coa edición do primeiro
número da revista Nós.
Recibirá resposta