Asisto onte na sede do PP de Ourense á reunión que
mantivo o presidente provincial, Manuel Baltar co coordinador da campaña e secretario provincial,
Rosendo Fernández, e os candidatos ao Congreso e ao Senado, onde rematamos de
perfilar os detalles da campaña electoral que comezará o próximo 12 de abril.
Ultimamos as liñas básicas que marcarán a campaña dos
populares ourensáns, tanto polo que respecta ás mensaxes como aos actos
sectoriais e políticos a desenvolver por toda a provincia.
A falta de 28 días para a cita coas urnas, o presidente
provincial dixo que “o PP demostrará como se traballa unha campaña en
momentos complexos e como, cando hai traballo, proxecto e candidatura hai
resultados”.
A reunión, afirmou Manuel Baltar, “demostra que o PP de
Ourense é a única formación que mantén unha constante actividade política, polo
que estamos en condicións de asumir a responsabilidade de alcanzar un novo
triunfo e situarnos como a primeira provincia en apoio porcentual, obxectivo do
que estivemos moi preto nas últimas xerais”.
Engadiu que “o PP está activado e listo para
pedir de novo a confianza dos ourensáns como única opción que garantirá
seriedade e estabilidade”.
Finalizada esta reunión asistín a outra presidida polo
alcalde e presidente da xunta local de Ourense, Jesús Vázquez, cos afiliados do
distrito de A Ponte na que abordamos cuestión relacionadas coa campaña e tamén
coa problemática deste importante barrio.
Recibirá resposta