Tamén hoxe os que integramos a candidatura
ao Congreso e ao Senado mantivemos coa directiva da Asociación de Empresarios
do polígono industrial de San Cibrao das Viñas, que preside José Antonio Rodríguez Araujo unha reunión de traballo para
coñecer as suas demandas e facerlles chegar as nosas propostas.
Estivemos acompañados polo presidente da
xunta local do PP en San Cibrao, Pedro Fernández, alcalde do Concello e pola parlamentaria
autonómica Marta Novoa.
O fortalecemento das empresas mediante a
baixada de impostos, favorecendo o investimento e a xeración de emprego “son os
piares da reactivación económica que precisamos para manter a actividade
industrial en áreas estratéxicas para a nosa provincia como o polígono de San
Cibrao”, dixo hoxe a cabeza de lista do Partido Popular ao Congreso, Ana Belén
Vázquez.
Expresamos á directiva da asociación a
preocupación pola deriva económica do goberno de Sánchez, “que está fraguando
unha nova crise económica, destrución de emprego e incumprimento do déficit”.
Ana Belén Vázquez subliñou que compre
facilitar a creación dun entorno económico seguro que favoreza o investimento e
o emprego “e iso non vai ser posible se non apostamos por unha revolución
fiscal que recupere as desgravacións a axude a seguir medrando a un área
empresarial como San Cibrao, con 432 empresas, 8.500 traballadores e unha cifra
de negocio que supera os 1.400 millóns de euros”.
Así, a candidata popular detallou aos
empresarios algunas das propostas que formula o Partido Popular, como a
eliminación dos impostos de sucesións e doacións, de patrimonio e actos
xurídicos documentados, ademais da redución do imposto de sociedades por baixo
do 20 % e do tipo do IRPF por baixo do 40 %. Apuntou tamén outros aspectos,
como facilitar a contratación de mozos mediante deduccións, a eliminación da
suba das bases de cotización ou, dentro dun ámbito complexo como é a
burocracia, “apostar por unha autopista administrativa para facilite a creación
de empresas nunha semana e unha única oficina e portal web”.
Pola miña parte fixen un repaso aos
principais compromisos do PP en materia de infraestruturas. Impulsar o remate das obras
la LAV, a construcción da variante exterior e da estación intermodal de Ourense
en materia ferroviaria. Tamén impulsar as obras das autovías A-76 entre Ourense
e Ponferrada e da A-56 entre Ourense e Lugo, na que se integra a circunvalación
de Ourense. Por suposto aludimos ao avance que están a experimentar as obras de construción do enlace da Autovía das Rías Baixas co Polígono que executa a Xunta de Galicia.
Abordamos tamén dous asuntos de especial interese para
os empresarios do polígono.
Por unha banda, o proxecto de saneamento
e depuración do Barbaña na súa segunda fase, indispensable para un mellor
tratamento dos residuos que xera a maior área industrial de Galicia, procurando
que se materialicen os 15 millóns de euros comprometidos en investimentos.
Neste sentido din conta da pregunta que
o 20 de febreiro fixen no Congreso na Comisión de Transcición Ecolóxica ao Secretario de Estado de Medio ambiente, Hugo Morán relativa
ao saneamento do río Barbaña e a mellora da estación depuradora de augas
residuais de San Cibrao.
Expresamos o noso compromiso en facer un
amplo seguimento a este esencial proxecto para o Polígono de San Cibrao.
Ademais, e dado o crecemento do polígono
e das cargas que se moven, os empresarios pediron que se estude e defina a
construción dunha estación de ferrocarril para mercadorías, proxecto que os representantes
do PP coincidimos en destacar como necesario e un dos asuntos a tratar na
próxima lexislatura.
Recibirá resposta