Os candidatos do Partido
Popular ao Congreso e ao Senado mantivemos esta mañá unha reunión coa
Asociación de Xóvenes Empresarios para escoitar as súas principais inquedanzas
e trasladar as propostas que inclúe o programa popular para dar pulo a este
colectivo.
Os representantes do PP lembramos o compromiso
que o partido mantivo sempre cos emprendedores, como xeradores de riqueza, de
emprego e de iniciativas innovadoras.
Fixemos fincapé nos resultados na reducción do desemprego. Así
desde o inicio da etapa de Goberno do PP (decembro de 2011) ata a finalización
(xuño de 2018) o paro rexistrado baixou en Ourense un 31,34 % (8.842 parados
menos). E no caso de desempregados menores de 25 anos a redución chegou ao
57,49 % (1.388 parados menos).
Nesta liña subliñamos que a Lei de Apoio
ao Emprendemento do goberno de Mariano Rajoy axudou a crear preto de 35.000
empresas, mellorando o seu marco regulatorio, facilitando a reestruturación do
crédito, financiamento alternativo ou a rebaixa de impostos cun tipo reducido
do 15 % paras empresas de nova creación.
Logo de repasar diversos aspectos da economía
provincial e dos principais sectores produtivos da provincia, os candidatos
populares expuxemos as claves das novas iniciativas que propoñemos para unha
próxima lexislatura, tendo en conta ademais que se achega a chamada cuarta
revolución industrial.
Ademais da reforma fiscal, das medidas para
reter talento, para gañar competitividade e sumarse á dixitalización
empresarial, os candidatos fixemos especial mención á chamada “autopista
administrativa”, que pretende axilizar ao máximo o proceso de constitución de
empresas para que en sete días, ao máximo, se podan crear novos proxectos.
Tamén abordamos cuestións relacionadas
coa cultura empresarial, a formación profesional dual, o apoio o comercio, ás
empresas agroalimentarias, e as infraestruturas e a loxistica.
Recibirá resposta