lunes, 8 de abril de 2019

Xerais 2019: Visitando o Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro en Xinzo de Limia

Esta mañá os candidatos ao Congreso e ao Senado do Partido Popular pola provincia de Ourense ás eleccións xerais do 28 de abril, realizamos unha visita ao Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro, en Xinzo de Limia, dependente do Inorde.

Estivemos acompañados polo cabeza de lista á alcaldía de Xinzo, Antonio Fernández Veiga, e escoitamos as explicacións do xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, que xunto cos técnicos informaron sobre as  principais actividades dun centro “que constitúe toda unha referencia para os agricultores da provincia, polo seu labor de investigación, análise e asesoría nun dos ámbitos básicos para o futuro do noso territorio como é o sector agroalimentario”,  dixo a cabeza de lista polo Congreso, Ana Vázquez. 

Visitamos o laboratorio que conta desde o ano 2013 coa acreditación ENAC e que realiza ensaios físico-qúimicos e parasitolóxicos do solo de xeito gratuito. Coñecemos as actividades de asesoría técnica, de formación, ensaios de campo,etc.

Recibimos información sobre os proxectos europeos nos que participa o INORDE, tres de cooperación transfronteiriza y un de cooperación interterritorial.

Un deles, o denominado “Red Agriconect 4.0” pretende impulsar a transformación dixital das PEMES agroindustriais  e aportar solución concretas a retos tecnolóxicos.

E outro denominado “Circular LABs-“ para integrar a Economía Circular en novos modelos de negocio, habilitando espacios para a creatividade, a xeración de ideas e a adaptación ao cambio.

O sector agroalimentario, engadiu Vázquez, “está no centro das prioridades políticas do Partido Popular, por se tratar dun ámbito estratéxico para a provincia no tocante á cohesión territorial e como xerador de oportunidades no medio rural”. 

Nesta liña, dixo a candidata, a formación popular reflectirá nas súas propostas de goberno “unha defensa sen ambigüidades da nosa agricultura como motor da economía no rural, eliminando trabas á actividade económica e empresarial no campo, sen lanzar torpedos aos agricultores como o de Sánchez, axudando a fixar poboación a través do relevo xeracional e, aínda máis, defendendo a PAC e o seu financiemento a partir de 2020, pola súa importancia na estabilidade das rendas agrícolas”.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta