viernes, 5 de abril de 2019

Xerais 2019: Visitando unha modelíca empresa industrial de Ourense "Rodríguez López Auto"

Esta mañá os candidatos do Partido Popular ao Congreso e Senado para a próxima convocatoria electoral visitamos no polígono industrial de San Cibrao a empresa "Rodríguez López Auto", que conta con cinco naves acondicionadas para as diferentes fases de deseño e fabricación dos vehículos. 

Fomos recibidos polo seu xerente José  Enrique Rodríguez López que fixo unha presentación da compañía e ensinounos as naves industriais, e os vehículos fabricados.

A orixe desta empresa remóntase a principios da década dos 80 onde o equipo técnico que a compón dedicábase á fabricación de carrocerías para vehículos en xeral.

A partir da década dos 90 especialízase na fabricación de vehículos de transporte sanitario converténdose en menos de 15 anos en líder en vendas do mercado nacional.

A partir do ano 2000 diversifica o seu catálogo de produtos, introducíndose no mercado dos vehículos de policía, militar e de transporte adaptado.

A partir da década dos 90 esta empresa especialízase na fabricación de vehículos de transporte sanitario converténdose en menos de 15 anos en líder en vendas do mercado nacional (ten unha cota do 70 %) e está posicionada entre as tres empresas  carroceras líderes a nivel europeo.

Ademais a partir do ano 2000 diversificou o seu catálogo de produtos, introducíndose no mercado dos vehículos de policía e de transporte adaptado.

Hoxe emprega a 180 persoas e nos próximos meses  prevén empregar a 200 traballadores.

Estamos tamén ante unha firma exportadora que ademais do mercado europeo apostou polo mercado americano como o acredita a apertura dunha planta industrial en Colombia co que poderá incrementar notablemente a súa  facturación.

Hai que destacar que realiza un traballo integral, pois fabrica os compoñentes específicos e traballa cun equipo de 16 enxeñeiros en I+D e en homologacións.

Levamos unha impresión magnífica desta empresa que acredita como desde a empresa familiar con tesón, preparación e esforzo, pódese producir con enorme calidade e competir desde Ourense. 



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta