Esta mañá
en Pobra de Trives e coa presenza do candidato desta vila, Domingo Diéguez e dos cabeza de lista populares da comarca, os
candidatos do PP de Ourense ao Congreso e ao Senado nás eleccións Xerais do 28 de abril
presentamos o programa electoral do Partido Popular.
A número
uno da lista ao Congreso, Ana Belén Vázquez expuso que o programa inclúe 500 medidas, “froito dun proceso
participativo no que durante seis meses se recolleron máis de 3.000 propostas
por todo o terrirorio nacional”. O documento divídese en dez bloques, aínda que
ela fixo especial énfase en tres eixos “como a revolución fiscal, para que as
familias teñan máis diñeiro no seu peto, medidas para impulsar de novo a
economía, hoxe en desaceleración, e o fortalecemento da unidade nacional para
facer fronte á maior crise territorial nunca vivida en democracia”.
“Estamos
–engadiu- diante dun programa participativo, cheo de oportunidades e que
precisa do voto unido para que podamos demostrar, unha vez máis, que o PP é un
valor seguro para o futuro deste país”. Un horizonte no que o rural, afirmou,
vai ter un protagonismo moi particular con medidas como a redución da renda
para as persoas que vivan nestas zonas, bonificacións para empresas,
facilidades para a implantación de industrias, incentivos para emprendedores,
plans para rehabilitación e construcción de vivenda, banda ancha para conexión
a internet e mesmo máis seguridade cunha maior presenza dos corpos e forzas de
seguridade do Estado.
Tamén
na presentación do programa intervimos outros membros da lista ao
Congreso e ao Senado para falar de aspectos concretos.
MEDIO RURAL
Miguel Ángel Viso destacou
o inéquivoco apoio do Partido Popular ás deputacións “como institucións
indispensables para o desenvolvemento do medio rural e da prestación de
servizos básicos e esenciais”, destacando o feito de que as institucións
provinciais poderán xestionar fondos europeos “o que nos permitirá desenvolver
mellor que ninguén a nosa axenda de prioridades”.
As
candidaturas ao Congreso e ao Senado, dixo, “están integradas por persoas que
coñecemos de primeira man o territorio e as súas potencialidades, por iso
estamos en condicións de defender e reforzar a Política Agraria Común,
conceptos como a denominación de orixe, que potencian os nosos produtos de
calidade e nos identifican como territorio, ou o agroturismo como a vinculación
de dous aspectos nos que temos un enorme potencial”.
EDUCACIÓN E EMPREGO
Para Avelino García, a creación de emprego
é a principal seña de identidade do Partido Popular, que foi quen de recuperar
tres de cada catro empregos perdidos durante a crise. “Estamos ás portas da
cuarta revolución industrial e temos que traballar para adaptar a oferta á
demanda de cualificacións, anticipándonos ás necesidades das empresas”.
En
educación, destacou “o reforzamento das escolas unitarias no rural, como
instrumento básico da igualdade de oportunidades, e garantías para que as
familias podan escoller o centro educativo que queren para os seus fillos, o
que só pode ocorrer se a educación é gratuíta en todos os niveis”.
No
tocante ás pensións, “é prioritario manter o poder adquisitivo dos xubilados,
pero precisamos un sistema sostible e de garantías”.
SANIDADE
Francisco José Fernández destacou
que “Galicia ten unha sanidade privilexiada e queda demostrado co programa do
Partido Popular, que xa inclúe moitas medidas das que xa gozamos os galegos”.
Baixo a
premisa da garantía dunha atención en igualdade de condicións para todos os
españois, citou algunhas das propostas como a implantación dunha tarxeta
sanitaria única, o testamento vital, os coidados paliativos, a medicina
personalizada “e no rural a incorporación dos recursos necesarios e de novas
tecnoloxías que eviten desprazamentos innecesarios”.
INFRAESTRUTURAS
Celso Delgado subliñou que o
Partido Popular aposta con total compromiso polas infraestruturas que vertebran
o territorio e que impulsan a economía, afirmando que a próxima lexislatura
será “a que nos permita concluír a conexión de Galicia con Madrid por alta
velocidade, para o que imos traballar co fin de que as obras non se deteñan e
se cumpran os prazos establecidos”.
A alta
velocidade, engadiu, “non só é para os habitantes das grandes cidades, senón
que debe ser accesible a todos os veciños da provincia, polo que temos que
traballar na mellora das estradas que faciliten o acceso ao AVE”, poñendo como
exemplo a estación da Gudiña o servizo que vai prestar ás comarcas de Monterrei
ou Valdeorras”.
Aínda
citou o candidato outros proxectos de importancia para Ourense que precisan de
impulso como a autovía A-76 entre Ourense-Ponferrada, a A-56 de conexión con
Lugo, ou circunvalación norte de Ourense, “obras que precisan dunha economía en
crecemento como a que garantiu o PP na súa etapa de goberno”.
Aínda que a estrada OU-636, entre A Pobra de Trives e Freixido, é de titularidade autonómica, fixen referencia a que ademáis das recentes obras de mellora do firme levadas a cabo pola Xunta, compre a redacción dun proxecto de mellora e acondicionamento que poda estar redactado e aprobado en 2019 para seguir coa tramitación necesaria para a execución das obras, tal e como foi recentemente acordado no Parlamento de Galicia a instancia do PP e que defendeu o deputado valdeorrés Moisés Blanco.
Aínda que a estrada OU-636, entre A Pobra de Trives e Freixido, é de titularidade autonómica, fixen referencia a que ademáis das recentes obras de mellora do firme levadas a cabo pola Xunta, compre a redacción dun proxecto de mellora e acondicionamento que poda estar redactado e aprobado en 2019 para seguir coa tramitación necesaria para a execución das obras, tal e como foi recentemente acordado no Parlamento de Galicia a instancia do PP e que defendeu o deputado valdeorrés Moisés Blanco.
Recibirá resposta