A ocupación no mes
creceu en 186.785 persoas (0,98%), un dato que supera en 10.412 afiliados o
rexistrado en 2018 (176.373) e que sitúa este mes de abril como o segundo
mellor de toda a serie histórica.
Nos últimos 12
meses, o Sistema sumou 551.901 traballadores inscritos na Seguridade Social (un
2,95% máis), que se distribúen entre todas as comunidades autónomas.
O número de
mulleres afiliadas á Seguridade Social segue aumentando e marca un novo récord en toda a serie
histórica con 8.939.333 traballadoras, que representan o 46,49% do total. En canto aos homes, a cifra de traballadores
alcanza os 10.291.029 ocupados (53,51%).
Respecto a 2018
En relación ao ano
pasado, o Sistema gañou 551.901 ocupados, o 2,95%. Destaca o bo comportamento
do Réxime Xeral, que incorpora 532.561 traballadores (3,47%). Dentro do Réxime
Xeral, o Sistema Especial Agrario sobe no último ano un 0,13%, 996
traballadores máis, mentres que o Sistema Especial do Fogar rexistra 12.283
afiliados menos (-2,92%).
O número de
afiliados no Réxime Especial de Traballadores Autónomos experimentou un
incremento interanual de 19.887 ocupados (0,61%). O Réxime do Mar aumentou en
0,24% (158) e o Carbónregistró un descenso de 706
traballadores (-31,19%).
No último ano, a
afiliación á Seguridade Social ha crecido en todas as comunidades autónomas,
encabezadas por Castela-A Mancha (3,85%), Madrid (3,73%) e a Comunidade
Valenciana (3,53%).
Respecto a marzo
O sistema da
Seguridade Social rexistrou un incremento de 186.785 afiliados medios en abril.
O Réxime Xeral
protagonizou esta subida con 173.542 afiliados máis (1,1%), ata situarse en
15.897.052 traballadores. Neste réxime, a afiliación creceu en termos absolutos
na maioría dos sectores de actividade, principalmente en Hostalería, que suma
85.493 ocupados neste mes (6,82%). Tamén sobe o Comercio (12.781), Actividades
Administrativas e Servizos Auxiliares (11.557) e o sector do Transporte e
Almacenamento (11.272). Descende lixeiramente en Actividades Financeiras e de
Seguros (-50) e Actividades dos Fogares (-19).
O Réxime de
Autónomos conta con 3.266.741 persoas, tras aumentar en 12.663 (0,39%) no
último mes. O Réxime Especial do Mar, pola súa banda, sumou 586 ocupados
(0,91%) ata situarse en 65.012 ocupados. Finalmente, o Carbón sitúase en 1.557
afiliados medios (-5).
En abril, a
afiliación subiu en todas as comunidades autónomas, e con especial intensidade en Illas Baleares,
que suma 46.922 ocupados (10,24%).
O dato desestacionalizado, que serve para facer un
seguimento da tendencia de fondo que subxace na evolución da afiliación, mostra
un crecemento de 52.192 traballadores respecto ao mes de marzo.
Galicia:
O número medio de afiliados á Seguridade
Social situouse o pasado mes de abril en 1.010.592 ocupados, cifra que supuxo
un aumento de 6.186 persoas afiliadas máis respecto ao mes anterior (0,62 %).
A afiliación ao Réxime Xeral terminou abril con 779.090 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 210.643 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 20.859 afiliados medios.
A afiliación ao Réxime Xeral terminou abril con 779.090 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 210.643 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 20.859 afiliados medios.
As afiliacións á Seguridade Social aumentaron en 21.175 no
último ano, unha subida do 2,14 %, o segundo maior aumento nun mes de abril desde o inicio da crise económica; sumando xa seis anos de subidas consecutivas nun mes de abril, o que sitúa a Galicia a un nivel superior ao reflectido hai 9 anos.
Ourense:
O número medio de afiliados á Seguridade
Social situouse o pasado mes de abril en 101.754
ocupados, cifra que supuxo un descenso de 151 persoas afiliadas respecto
ao mes anterior (-0,15 %).
En términos anuais, a afiliación no total do
Sistema rexistrou nesta provincia un incremento de 93 ocupados (0,09 %).
A afiliación ao Réxime Xeral rematou abril con
77.859 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.894 afiliados medios.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo
a celso.delgado@congreso.es