O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos
oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de abril
de 2019.
Son os seguintes:
Ourense:
Baixa o paro rexistrado en marzo en relación co mes anterior en
247 persoas, un 1,28 %.
Galicia:
O paro rexistrado de Galicia baixa en abril en 4.615 persoas con
respecto a marzo (un – 2,70 %), son máis de 150 persoas ao día (153,8).
O número de parados queda en 166.226, deles 70.068 son homes e
158.156 mulleres, 173.190 son maiores de 25 anos e 9.101 menores.
A nivel interanual, isto é, con respecto a abril do ano pasado,
16.065 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do
desemprego do – 8,81 %. Son 44 desempregados menos ao día durante o último ano, situando á Comunidade en niveis de paro moi inferiores aos de hai 10 anos. Galicia suma seis anos consecutivos de caída do paro nun mes de abril.
España:
En abril de 2019 o paro rexistrado nas oficinas dos Servizos
Públicos de Emprego reduciuse 172.302 persoas respecto ao mesmo mes do
exercicio anterior, cun ritmo de descenso interanual do 5,17%.
En termos
desestacionalizados, o paro diminuíu en abril en 19.136 persoas respecto
ao mes anterior.
O número de parados rexistrados no mes de abril deste ano
baixou en 91.518 traballadores en relación co mes anterior. En valores
relativos, este descenso do paro é dun -2,81%.
Así, a cifra total de desempregados sitúase en 3.163.566. O
desemprego masculino sitúase en 1.298.708 persoas, ao diminuír en 40.189
(-3,00%). O número de traballadoras en paro redúcese en 51.329 persoas respecto
ao mes anterior (-2,68%) quedando o rexistro de desemprego feminino en
1.864.858 persoas. As traballadoras en paro son o 58,95% do total de parados e
o ritmo de diminución interanual de paro feminino (3,72%) é inferior ao de
diminución do desemprego de homes (7,17%)
Respecto a os mozos, o desemprego dos menores de 25 anos tamén
se reduce en 15.192 persoas (-5,70%) en relación ao mes anterior, mentres o
paro de 25 e máis anos baixa en 76.326 (-2,55%).
Por sectores económicos de procedencia, o paro rexistrado baixa
en Servizos en 81.074 (-3,56%); en Agricultura e Pesca en 5.396 (-3,47%); en
Industria en 3.472 (-1,24%), e no Colectivo de Sen Emprego Anterior en 1.605
(-0,57%). O incremento produciuse entre as persoas que desempeñaran a súa
última ocupación na Construción en 29 persoas (0,01%).
O paro rexistrado baixa en todas as comunidades autónomas,
principalmente en Andalucía (-26.225), Catalunya (-14.142) e Illes
Balears (-10.031).