Como teño informado
noutra entrada deste blog, Infraestruturas de Portugal ( a ADIF lusa) consignou
o 27 de xullo de 2018 o contrato de Eletrificación do tramo da Liña do Miño,
entre Viana do Castelo e Valença, de 49 km de lonxitude, e que forma parte
do proxecto de modernización desta liña no marco do plan de investimentos na
Rede Nacional de Ferrocarrís - Tren 2020 .
Un
investimento por valor de 18,8 millóns
de euros, que comprende entre outros, os seguintes traballos:
• Instalación de catenária.
• Altitude das plataformas de pasaxeiros.
• Execución de dúas estacións técnicas de
750 m para trens de mercadorías.
• Descenso da vía férrea, para permitir a electrificación, nos Túneles de Seixas
e Gondarém.
• Estabilización de noiros, traballos
de terraplenado, drenaxe e estruturas de
soporte e contención.
• Impermeabilización, para permitir a electrificación, dos túneles de Caminha,
Seixas e Gondarém.
• Implementación do sistema de retorno de
corrente de tracción + terras de protección ( RCT + TP) e execución de ruta de cable.
A realización destes investimentos ten como
obxectivo dotar á Liña de Minho dun
nivel de servizo superior, con mellores niveis de seguridade, eficiencia e
competitividade do sistema ferroviario.
Hai uns días tiven
oportunidade de constar na propia estación de
Valença a colocación dos postes
sobre os que logo se colocará o tendido áereo.
Estas fotografías o acreditan.