Acudo onte a Baños de Molgas,
onde pola tarde o Partido Popular arroupou ao novo candidato á alcaldía, José Ruído, e ao seu equipo.
No mitín, o presidente
provincial, Manuel Baltar afirmou que “no Partido Popular facemos bandeira do rural porque é
aí onde están as nosas orixes, porque estamos en todos os concellos e
coñecemos as súas necesidades, pero sobre todo sabemos do seu potencial”.
A Deputación, engadiu,
“como concello de concellos, está obrigada a liderar a
transformación da provincia explotando sectores de enorme futuro como a
agricultura, a gandería, o forestal e todas as industrias vinculadas aos
mesmos”, sen deixar de citar o turismo nas súas distintas vertentes como unha
oportunidade máis de desenvolvemento, de xeración de riqueza, emprego e, en
consecuencia, para fixar poboación.
Tiven a oportunidade de dar unha volta por este Vila e constatar unha vez máis a súa enorme beleza e potencial termal e ambiental.
Fixen estas fotos que o acreditan.