As 0,00 horas de
hoxe comezou coa pegada de carteis á campaña electoral na que todos os que
preferíamos outro Goberno de España unamos agora o noso voto no Partido Popular
para pasar da decepción de abril á vitoria de maio.
Eu estiven
presente no Parque de San Lázaro de Ourense acompañando nese acto ao candidato
á presidencia da Deputación Manuel Baltar e á candidatura municipal da capital
que encabeza Jesús Vázquez.
Mentre en
Santiago, o líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo incidiu en que o PP é un
partido amplo no que tamén caben os votantes de Ciudadanos e os votantes
moderados doutros partidos. Así, ante o PSOE, as Mareas de Podemos e os
nacionalistas, que se alían sempre que poden, avogou por “un pacto moi claro
nas urnas”: a unión no Partido Popular para obter gobernos para todos. Neste
senso, sinalou que, estando xuntos, foille mellor a España, vaille mellor a
Galicia e iralle tamén mellor aos concellos e ás cidades.
"Se queremos
volver sentir a decepción do pasado 28 de abril, podemos votar separados, pero
se queremos vivir unha noite electoral de vitoria, temos que votar xuntos”,
salientou Feijóo, que propuxo a unión na experiencia e na xestión; en
candidatos con valía acreditada; na moderación e no sentidiño; e nun proxecto
que defenda a unidade do país, ao tempo que un profundo amor por Galicia e por
España.
Así mesmo,
indicou que, de cara o 26 de maio, é preciso non deixar que as Eleccións Xerais
eclipsen a próxima cita coas urnas e ter en conta que o PSOE se entregou ás
Mareas de Podemos e ao nacionalismo nos concellos; formacións que supoñen
parálise, división e sectarismo. Por iso, destacou que, se cada galego avalía a
situación do seu municipio, os candidatos, os equipos, os programas, a
experiencia e como funcionaría mellor o seu municipio, confiará nestas
eleccións no Partido Popular.