Mítín en Vilamarín |
Participo hoxe pola tarde na campaña do PPOU comezando co asistencia a homenaxe ao alcalde de Taboadela, Manuel Gallego, que logo de 47 anos como rexedor e 52 como concelleiro ven de poñer fin á súa traxectoria política, cedendo o relevo como candidato á alcaldía a Antonio Paz.
Diante dun cento de persoas, Manuel
Baltar, agradeceu “a lealdade e traballo dun home que dedicou medio século da
súa vida ao seu pobo”, destacando que os veciños de Taboadela sempre valoraron
ese compromiso dándolle en todas as eleccións a súa confianza maioritaria.
O seguinte acto do día ao que aistín foi ao de Barbadás para apoiar a candidata, Consuelo Vispo que estivo acompañada por Manuel Baltar e polo presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo que propuxo unir o voto porque as candidaturas do PP en Galicia son a única alternativa con posibilidades ante PSOE, populistas e nacionalistas.
Recordou a
decepción que sentiron dez millóns de españois tras ver que coa división do
voto Pedro Sánchez volveu ser presidente do Goberno. Por iso, para non repetir
a mesma decepción a noite electoral do 26 de maio, apostou por unir o voto os
votantes do PP, de Ciudadanos e votantes moderados doutros partidos para así
poder gobernar os máis de 8.000 concellos de España.
Mítin de Barbadás |
Do mesmo xeito,
avogou por esa unión nas urnas para obter gobernos centrados no futuro e útiles
para os veciños. E é que, tal e como incidiu, estando xuntos, foille mellor a
España, vaille mellor a Galicia e iralle mellor aos concellos, ás cidades e a
esta comarca. Neste senso, fixo fincapé que se nas pasadas eleccións xerais non
se dividira o voto do centro e da dereita, hoxe en España habería outro goberno:
“Cada vez que dividimos o voto convertemos un goberno en desgoberno”.
E finalmente as 20,00 horas estiven coa Conselleira de Medio ambiente, Ánxeles Vázquez
e o secretario xeral do PP ourensán, Rosendo Fernández, participando no mitin
celebrado en Vilamarín, apoiando ao candidato popular Amador Vázquez, que leva
36 anos gozando da confianza dos seus veciños.
Amador Vázquez |
Con Manuel Gallego en Taboadela |
Recibirá resposta