Ás nove horas de hoxe comezou a xornada electoral das Europeas e as Locais.
Nas segundas elixiremos os concelleiros dos 92 concellos da provincia de Ourense e da entidade menor de Berán. Eles serán despois os que elixirán a posteriormente aos 25 deputados que integran a Deputación.
Son, 262.648 veciños de Ourense os que terán dereito a voto, sendo 8.079 ourensáns os que se incorporan por primeira vez ao censo electoral.
Para exercer o dereito ao voto, existen 421 colexios electorais, que á súa vez terán 542 mesas.
E na provincia presentáronse 321 candidaturas, sendo 3.425 as persoas que desexan obter unha acta de concelleira.
Respecto das eleccións ao Parlamento Europeo, a circunscrición é única a nivel estatal e optan 32 candidaturas.
Ás 9,45 fixen efectivo o meu dereito a voto nunha das mesas instaladas no Colexio público Curros Enríquez.
Agardemos que a normalidade sexa a nota dominante nesta xornada.
Os electores teñen a palabra.
Recibirá resposta
Recibirá resposta