Acompaño esta mañá a Jesús Vázquez, alcalde e candidato á reelección en Ourense e outros membros da candidatura do PP, a unha rolda de prensa na rúa Dalí que tiña por finalidade presentar unhas propostas de cara ao novo mandato municipal.
Vázquez anunció que “os barrios do Couto e o Posío-San Francisco contarán con dous novos aparcadoiros
soterrados que ofrecerán un total de 730 prazas. Con esta infraestrutura dámoslle unha
resposta aos veciños, pero tamén melloramos a mobilidade en toda a cidade".
Explicou que o aparcadoiro do Couto construiráse no subsolo da rúa Dalí. Ofrecerá 210 prazas, que
cubrirán a demanda dos veciños das edificacións máis antigas, que non contan con garaxe. Pero
ademais este proxecto acabará coas retencións diarias por parte dos usuarios do Pavillón dos
Remedios, do Xulgado e do novo Centro de Saúde.
“Facemos un barrio do Couto máis humano. Sen retencións de tráfico. E melloraremos a
mobilidade incentivando o uso destes aparcadoiros a prezos moi competitivos, e con mellores
conexións de transporte público co resto da cidade”, sinalou.
Pola súa banda, o aparcadoiro do O Posío-San Francisco ocupará o subsolo das rúas
Coruña e Pena Trevinca e ofrecerá un total de 520 prazas. “Esta dotación poñerá fin a falta de
aparcamentos dos edificios do Casco Histórico, onde existía unha gran demanda de prazas, e
suporá un incentivo máis para vivir e crear empresas nesta zona da cidade”, díxo o candidato á
reelección.
Ademais, esta instalación dará resposta á veciñanza do Posío, do barrio de San
Francisco, aos usuarios do novo Complexo Cultural de San Francisco e aliviará a presión de
tráfico nunha zona cunha alta densidade de centros educativos.
“Se Ourense quere darémoslle aos cidadáns as solucións concretas que nos piden e que
merecen.
Este proxecto forma parte da nosa Estratexia de Mobilidade, para ter un Ourense
máis limpo e sostible, cunha circulación máis fluída que nos axudará tamén a mellorar o Medio
Ambiente e a Saúde dos nosos cidadáns”, destacou o candidato do PP á Alcaldía.
Parabéns por estas propostas que estou convencido sairán adiante co apoio dos electores de Ourense.
Parabéns por estas propostas que estou convencido sairán adiante co apoio dos electores de Ourense.
Recibirá resposta