Participo
onte na xornada electoral do Partido Popular de Ourense, facendo campaña pola
mañá nas rúas de Ourense e pola tarde asistindo a dous mitins, un na parroquia
ourensán de Vilar acompañando a Jesús Vázquez- o candidato a alcaldía de Ourense- e outro na Pobra de Trives.
Nesta última vila e
diante dun auditorio completo, escoitamos primeiramente o programa electoral co
da candidatura do PP, que encabeza Domingo Diéguez, o actual alcalde.
Expuso as principais
liñas do seu proxecto en materia de infraestruturas, turismo. Política social,
desenvolvemento económico, cultura, deporte, etc.
Despois falou a
conselleira de Política Social, Fabiola García, e finalmente o candidato á
presidencia da Deputación, Manuel Baltar, quen valorou ao candidato popular de
Trives a que calificou como un apaixoado valedor da Pobra de Trives.
Dixo que a provincia de Ourense
converterase en todo un referente da innovación no ámbito turístico, “con
servizos personalizados e experiencias diferenciadas para o visitante, que
ofrecerán unha nova forma de facer e sentir o turismo”.
Baltar puxo tamén como exemplo innovador destas políticas as propostas supramunicipais que, incluídas no programa de goberno 72-73, foron lanzadas polos candidatos populares ás alcaldías, “demostrando saber traballar en equipo e superando os localismos”, entre elas o desenvolvemento turístico a través de iniciativas relacionadas cos camiños de Santiago, áreas naturais, roteiros turístico-culturais e mesmo novas ofertas de percorridos por zonas navegables.