jueves, 30 de mayo de 2019

A participación nas eleccións europeas de 2019 rexistrou un aumento histórico.

Máis do 50 por cento dos cidadáns da UE chamados ás urnas participaron nas eleccións europeas. A taxa máis alta rexistrada en 20 anos e o primeiro aumento desde as eleccións de 1979.

As cifras de participación aumentaron en 21 países, máis de 10 puntos porcentuais en sete deles. Polonia e España rexistraron incrementos de máis de 20 puntos porcentuais.Eslovaquia e República Checa, pola súa banda, tiveron subidas de 9 e 10 puntos porcentuais, respectivamente, o que elevou as súas taxas de participación máximos históricos desde a súa incorporación á UE en 2004.

Esta é a composición do Parlamento Europeo fundamentada en resultados nacionais provisionais ou definitivos publicados tras concluír as votacións en todos os Estados membros, en función da estrutura do Parlamento saínte.



Grupos políticos do Parlamento Europeo:

·         PPE - Grupo do Partido Popular Europeo (Demócrata-Cristiáns)
·      S&D - Grupo da Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas no Parlamento Europeo
·        CRE - Grupo dos Conservadores e Reformistas Europeos
·      ADLE&R - Grupo da Alianza dos Demócratas e Liberais por Europa + Renaissance + USR PLUS
·       GUE/NGL - Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica
·        Verdes/ALE - Grupo dos Verdes/Alianza Libre Europea
·        EFDD - Grupo Europa da Liberdade e da Democracia Directa
·        ENL - Grupo Europa das Nacións e das Liberdades
·        NI - Non inscritos
·      Outros - Novos deputados electos que non pertencen a un grupo político do Parlamento saínte. 

         De seguido os resultados da elección europea en España, na que votaron  22.603.898 electores, o 64,30 %:


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta