Hoxe durante un mitin no Pereiro de Aguiar, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, propuxo a todos os que preferían outro Goberno de España unan agora o seu voto no Partido Popular para pasar da decepción de abril á vitoria de maio.
Incidiu en que o PP é un partido amplo no que tamén caben os votantes de Ciudadanos e os votantes moderados doutros partidos. Así, ante o PSOE, as Mareas de Podemos e os nacionalistas, que se alían sempre que poden, o líder do PPdeG avogou por “un pacto moi claro nas urnas”: a unión no Partido Popular para obter gobernos para todos. Neste senso, sinalou que, estando xuntos, foille mellor a España, vaille mellor a Galicia e iralle tamén mellor aos concellos e ás cidades.

"Se queremos volver sentir a decepción do pasado 28 de abril, podemos votar separados, pero se queremos vivir unha noite electoral de vitoria, temos que votar xuntos”, salientou Feijóo, que propuxo a unión na experiencia e na xestión; en candidatos con valía acreditada; na moderación e no sentidiño; e nun proxecto que defenda a unidade do país, ao tempo que un profundo amor por Galicia e por España.
Así mesmo, indicou que, de cara o 26 de maio, é preciso non deixar que as Eleccións Xerais eclipsen a próxima cita coas urnas e ter en conta que o PSOE se entregou ás Mareas de Podemos e ao nacionalismo nos concellos; formacións que supoñen parálise, división e sectarismo. Por iso, destacou que, se cada galego avalía a situación do seu municipio, os candidatos, os equipos, os programas, a experiencia e como funcionaría mellor o seu municipio, confiará nestas eleccións no Partido Popular.
Por outra banda, destacou a dedicación polos seus veciños de Eliseo Fernández, durante os 32 anos que foi alcalde; a paixón de Luís Menor polo seu concello, e o compromiso do Goberno galego por O Pereiro de Aguiar, con investimentos para o centro de saúde, para a ampliación do CEIP Ben-cho-sey, con máis de 200 prazas públicas de residencia e co seu apoio incuestionable ao medio rural.
O
candidato Luis Menor, definiu ao actual alcalde Eliseo Fernández
como “o home da cercanía, a sencillez, a honradez e a capacidade de traballo,
un valor que non imos desaproveitar e que por iso tamén forma parte da nosa
candidatura”. Un equipo, engadiu, “con anos de traballo recoñecido por todos e
ao que se incorporan novos membros que aportan máis ilusión e compromiso para
seguir facendo do Pereiro o mellor lugar para vivir e traballar”.
Repasou algunhas das accións recollidas no seu programa,
que xira en torno á xeración de riqueza e emprego, comezando polo proxecto do
parque acuático e de multiaventura, que impulsan a Deputación e a Xunta, “como
un factor importantísimo de dinamización económica”.
Transporte municipal, ampliación do parque empresarial de
Pereiro coa construcción dun edificio para servizos integrais desta área, o
programa “Elixe Pereiro” nos ámbitos turísticos, de lecer, gastronómico e
cultural, así como propostas de apoio ás familias, coa eliminación do IBI para
as familias numerosas, accións en materia de infraestruturas, seguridade e
deportes foron tamén algún dos aspectos do seu programa destacados por Luis
Menor.
O presidente
provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, puxo en valor a todo o equipo humano, “desde cargos,
candidatos e ata o último afiliado” que foron quen de converter ao PP ourensán
“na única formación política que sae a gañar nos 92 concellos da provincia”.
Baltar
lembrou os principais obxectivos polos que ven de traballar o Partido Popular,
como son “obter o récord histórico de alcaldías, achegarse ao 50 % de apoio
electoral e manter a maioría absoluta na Deputación, para seguir facendo o
Ourense que os ourensáns nos piden e necesitan”. Obxectivos ambiciosos,
recoñeceu, “pero que só poden estar ao alcance dun partido que chega a todos os
recunchos da provincia e formula retos ben claros e definidos, porque a
credibilidade e a transparencia son partes fundamentais do noso ADN”.
Apelou de
novo á dobre utilidade do voto ao PP, “pois coa nosa papeleta non só estades a
escoller ao mellor alcalde, senón tamén ao único candidato coñecido a presidir
a Deputación e a un goberno provincial que xa demostrou a súa capacidade de
xestión económica, a súa aposta por darlle visibilidade nacional e
internacional a Ourense e que fai bandeira da colaboración con outras
administracións e entidades sociasie e económicas”.

Recibirá resposta