No último día da campaña electoral recibimos en Ourense a visita do expresidente do Goberno e presidente de honra do PP, Mariano
Rajoy.
Chegou á praza de Bispo Cesáreo ás 18.30 horas, sendo
recibido por José Manuel Baltar e por Jesús Vázquez. membros da candidatura e un nutrido grupo de militantes
e responsables do partido. E desde alí camiñamos ata a Praza Maior e logo polas
rúas das Tendas, Paz, Santo Domingo, Bedoya ata o Parque de San Lázaro.
Rajoy mostrouse, como é el, amable e próximo e a pesar de ter
problemas de afonía tivo sempre palabras para os centenares de persoas
que lle saudaron, bicaron, abrazaron ou lle pediron unha foto.
Foi realmente un
recibimento moi xeneroso e espontáneo o dos ourensáns que na súa inmensa
maioría recoñeceron a figura e o traballo deste gran político galego.
Tras despedirse fronte á
Subdelegación do Goberno marchou primeiro ao Concello de Barbadás onde tivo ocasión de
compartir uns minutos cos veciños da Valenzá no percorrido que fixo polas
rúas desta localidade.
E logo foi a Celanova e Xinzo de Limia, onde participou, xunto ao presidente do PP provincial, José
Manuel Baltar, e os candidatos destas localidades en senllos mitins
“Hai
un ano, España estaba baixo a dirección do mellor presidente que tivo o país,
do político que conseguiu sacarnos da crise e colocarnos na senda do
crecemento”, dixo Manuel Baltar, afirmando que “cando os españois queren máis
progreso, mellor xestión e un horizonte de futuro saben a quen teñen que
chamar, e a resposta é o Partido Popular”.