Salientar que o Grupo
Popular apoiou hoxe no Pleno do Parlamento unha proposición non de lei a través
da que se esixe ao novo Goberno do Estado que, no prazo de dous meses desde a
súa constitución, negocie co Goberno galego un calendario de actuacións para a
mellora no transporte ferroviario entre Ourense, Santiago e A Coruña.
O portavoz de
Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, criticou hoxe que os
grupos da oposición “pretendan trasladar á Xunta a responsabilidade dos
servizos ferroviarios, que é unicamente estatal, e con ela tamén o déficit que
levan asociado para o seu mantemento”.
Así mesmo, a
iniciativa aprobada hoxe demanda en concreto que o Goberno do Estado inclúa
entre as actuacións un abaratamento da Liña Avant Ourense-Santiago-A Coruña de
cando menos un 30 por cento, así como o estudo da prolongación desta liña entre
Ourense e Monforte. “Son demandas de Galicia que xa foron aprobadas con
anterioridade neste Parlamento, e agora só resta que o novo Goberno central as
atenda”, sinalou Martín Fernández.
Así mesmo, explicou
que servizos ferroviarios de media distancia como A Coruña-Santiago e
Santiago-Ourense están declarados como obriga de servizo público e existe unha
compensación económica da administración á operadora para o seu funcionamento.
“En concreto, nos orzamentos xerais do Estado para 2018 se recolle un investimento de 60 millóns de euros para
garantir o funcionamento das liñas ferroviarias de media distancia deficitarias
en Galicia”, apuntou.
ESTENDER A TARXETA DO TRANSPORTE METROPOLITANO
Neste sentido,
criticou que a oposición “tente trasladar á Xunta a responsabilidade tanto da
planificación como da realización de estudos sobre liñas e servizos
ferroviarios, que non lle corresponde ao Goberno galego porque é competencia do
Ministerio de Fomento”.
O portavoz
popular lembrou que “desde o Goberno galego xa deron traslado do acordo acadado
neste Parlamento sobre as necesidades de mellora no transporte ferroviario
entre Ourense, Santiago e A Coruña, demandando que se ofreza aos cidadáns un
servizo mellor adaptado ás súas necesidades, unha equiparación das políticas e
modalidades tarifarias en todo o territorio galego e que se preste un mellor
servizo con máis frecuencias, horarios e mellores tarifas”.
“Agora queda que
o Goberno de Pedro Sánchez implemente estas demandas, para o que a Xunta xa
amosou a súa disposición a colaborar para estender a todos os servizos ferroviarios
de media distancia de Galicia o uso da tarxeta de transporte metropolitano como
medio de pago vantaxoso”, indicou.
Recibirá resposta