O voto ao Partido Popular nas eleccións locais do 26 de maio terá unha dobre utilidade, “escoller aos alcaldes e alcaldesas da provincia e ao presidente da Deputación, porque a nosa formación é a única que presenta un candidato coñecido a presidir a institución provincial e cun programa de goberno, o plan 72-73, para cada un dos concellos e cunha visión integral de provincia”.
O presidente provincial popular, Manuel Baltar, lanzou hoxe esta mensaxe na tradicional reunión que a Xunta Directa do PP ourensán celebra logo de cada proceso electoral, para aprobar o informe de resultados das eleccións xerais.
O presidente provincial popular, Manuel Baltar, lanzou hoxe esta mensaxe na tradicional reunión que a Xunta Directa do PP ourensán celebra logo de cada proceso electoral, para aprobar o informe de resultados das eleccións xerais.
Despois de repasar polo miúdo os resultados do pasado domingo, Manuel Baltar puxo en valor a condición de Ourense como a provincia española con mellor porcentaxe de apoio ao PP, felicitando ademais ás xuntas locais de Beariz, Avión e Quintela de Leirado, que por esta orde obtiveron as porcentaxes máis altas de voto por concellos na provincia.
Nunha concurrida reunión, que o propio Baltar cualificou como de “rearme político”, o presidente provincial afirmou que para o 26 de maio o Partido Popular de Ourense “mantén invariables os obxectivos que fixemos públicos hai semanas” e que pasan por obter unha nova maioría absoluta na Deputación, alcanzar unha porcentaxe de apoio electoral no entorno do 50 % e tentar superar o récord histórico de 71 alcaldías.
Manuel Baltar pediu o esforzo de todos para alcanzar estes obxectivos, “para o que faremos, como sempre, unha campaña en positivo, sen entrar en polémicas, falando da xestión dos nosos alcaldes e alcaldesas e do moito que poden facer os nosos candidatos naqueles concellos onde non gobernamos”.