jueves, 9 de mayo de 2019

Parabéns á centenaria Coral de Ruada, que desde hoxe dá o seu nome a unha praza da cidade de Ourense

Recentemente chegado esta mañá de Madrid, asisto ás 11,45 horas ao acto no que Concello de Ourense rendeu homenaxe á centenaria Coral de  Ruada, co descubrimento dunha placa que dá nome a unha praza da cidade. 

Está situada na confluencia das rúas Xoán de Nóvoa e Avenida de Buenos Aires.

No acto interveu o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad e o presidente da Coral Samuel Lago Fernández. E estivo presente o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices Vieira, o Subdelegado do Goberno, varios concelleiros da corporación municipal, representantes de asociacións e colectivos sociais e culturais e moitos amigos da Coral de  Ruada.

Ademais dos discursos interpretáronse pola coral que dirixe Xoán Antón Vázquez Casas varias fermosas cancións, pechando o acto co himno galego.

Esta distinción é unha das consecuencias do expediente de honras tramitado polo  Concello e que recibiu o apoio de 1.800 persoas - entre elas que suscribe - que se sumaron á iniciativa de recoñecemento do  labor levado a cabo ao longo dos 100 anos de existencia en prestixio da música galega e das tradicións.

Segundo ponse de manifesto no expediente, o día 5 de outubro de 2018 cumpriuse o centenario da fundación da Coral de  Ruada, por Xabier Prado Rodríguez “Lameiro”, Virxilio Fernández González, Xulio Prieto Nespereira, Fabriciano Iglesias Abella e Cesáreo Eire Santalla que reúnironse nunha casa da avenida de Zamora, propiedade deste último e chamada “Villa Joaquina”-


E o próximo 24 de xuño de 2019 cumpriranse cen anos da súa presentación ao público no Salón Apolo de Ourense, acadando un grande éxito baixo a batuta do primeiro director, Daniel González.



Desde os seus primeiros anos de vida conseguiron éxito tras éxito en todo o país e América, recibindo numerosos e prestixiosos recoñecementos públicos e distincións, entre as que destaca a placa de ouro do Centro Galego de Buenos Aires, a bandeira do Concello de Ourense, a Medalla de Ouro do Liceo Ourensán, a Medalla de Ouro da cidade de Ourense, entre outras, ademais de gravar nos seus discos e interpretado en auditorios de todo o mundo as cancións máis fermosas e populares da nosa música.

E pronto teremos a oportunidade de celebrar outra boa nova, que será a emisión dun selo de correo  conmemorativo do Centenario da Primeira actuación da Coral “De  Ruada”, que forma parte  da programación de emisións de selos de correo e demais signos de franqueo para o ano 2019.


O meu máis sinceiro parabén.

Longa vida á Coral de  Ruada !


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es


Recibirá resposta