Viaxo esta mañá a Madrid para presentar no Congreso dos Deputados a credencial expedida pola Xunta Electoral Provincial de Ourense.
Actividade que compartín con outras deputadas galegas do Partido Popular como Marta González, Tristana Moraleja e Ana Belén Vázquez.
Os deputados debemos encher varios formularios, sendo os máis relevantes as declaracións de bens e rendas e de actividades.
Tamén debemos pousar para unha fotografía para a ficha parlamentaria.
En todo caso non adquiriremos a condición plena de deputados ata que chamados un a un, xuremos ou prometamos a Constitución na sesión constitutiva do novo Congreso, que terá lugar o 21 de maio.
Nesa sesión elixiremos á Presidencia do Congreso e ás catro Vicepresidencias e catro Secretarías que forman a Mesa da Cámara.
Recibirá resposta