De cara as vindeiras eleccións municipais, incidiu en non cometer “o erro prexudicial” dividir o voto. Así, apelou a todos aqueles que non queren un goberno do PSOE, das Mareas de Podemos ou dos nacionalistas a “unirse nunha alternativa real”. Porque, tal e como explicou, coa división do voto a esquerda, o populismo e o nacionalismo gañan: “Temos que unirnos se queremos volver gañar e, para unirnos, temos que volver convivir entre todos e aceptar que non todos pensamos e sentimos o mesmo”
EN PÉ PARA VOLVER A GAÑAR
Neste senso, Feijóo remarcou que no PP cabe a maioría dos votantes de Ciudadanos e moitos votantes moderados de VOX e do PSOE. Así, dixoque se os votantes de Ciudadanos queren gobernos cos que se sintan máis identificados, no PP teñen cabida e que así o seu voto non volverá beneficiar aos seus adversarios políticos.
Por outra banda, apuntou que, nas pasadas eleccións xerais, tanto Ciudadanos como VOX só serviron para que o PSOE fose a primeira forza en Galicia e acadase un deputado máis que o PP en Galicia.“VOX foi o xoguete de Pedro Sánchez para dividir o centro e dereita en tres partidos e mobilizar así o voto ao seu favor”, recalcou.

O presidente dos populares galegos subliñou que o PP xa está en pé para volver gañar: “No PPdeGacabouse o tempo de duelo, de decepción e de malos momentos, porque estamos á orde para reconstruír as maiorías, a unión do voto e para remontar”. Para iso, indicou que é preciso aceptar os erros e ter espírito gañador: “Estamos aquí arroupando a Pablo Casado”.
“DEBÉMOSVOS A REMONTADA”
Durante a romaría que o PP celebrou no Pino e na que congregou a máis de 5.500 persoas, Feijóo, que agradeceu a confianza depositada no partido o pasado domingo, pediu perdón “pola decepción e polos erros cometidos”: “Aos 4.356.000 españois que, no peor dos nosos días, seguiches confiando en nós, debémosvos a remontada”.
Máis de catro millóns de votantes que, tal e como sostivo, se inclúen nos máis de dez millóns que antes pertencían ao PP e que hoxe tamén desexarían outro resultado electoral. Por iso, avogou porque estes españois volvan reunirse no PP: un partido de goberno e que goberna para todos; de pensamento amplo, que intenta reunir a españois de diferente condición, procedencia e sensibilidade, pero con ideas e obxectivos en común; e de maiorías, capaz de unir a votantes de centro, de centro-dereita, de dereita e reformistas.
Feijóo asegurou que o PP é unha formación na que non hai cabida para “o pensamento único e intransixente”, porque é o contrario aos seus principios.
Feijóo asegurou que o PP é unha formación na que non hai cabida para “o pensamento único e intransixente”, porque é o contrario aos seus principios.