lunes, 10 de junio de 2019

Vendo a situación das obras da LAV a Galicia, nalgúns tramos da provincia de Zamora (I)

Onte  foi domingo e ademais o bo tempo acompañaba, lucía sol e había unha temperatura primaveral que animaba a estar ao aire libre e a camiñar.

E por tanto era unha boa ocasión para ver algúns dos lugares da provincia de Zamora nos que se están executando obras da  LAV a Galicia, precisamente no día de descanso dos operarios, dos transportistas e das máquinas.

En cinco entradas deste Blog, dou conta desta visita por medio destas fotos realizadas coa cámara dun móvil. 


9.6.2019: 

Comecei vendo as obras no subtramo que vai desde  Requejo ao Túnel do  Padronelo (4,1 km) adxudicado no seu día á Unión Temporal de Empresas integrada polas compañías Puentes y Calzadas Infraestructuras e  Geotúnel. O importe da adxudicación ascendeu a 68.676.449 euros.









Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta