domingo, 16 de junio de 2019

Constituidos os Concellos

Onte tivo lugar a constitución dos Concellos e foron elixidos os alcaldes en toda España. 

En moitísimos casos non goberna a lista máis votada, como e o caso das grandes cidades de Madrid e Barcelona, e noutras de menor tamaño como e Ourense.

En Galicia a posición que o PPdeG defendía desde o mesmo día das votacións era que asumiran as alcaldías aqueles partidos que gañaran as eleccións. 

Hoxe o secretario xeral MiguelTellado dicía “Ese pacto daría un plus de lexitimidade aos novos rexedores e rexedoras en xeral, e aos das grandes cidades en particular”.

En concreto, explicou que, cos resultados das eleccións do pasado 26 de maio, ese acordo de deixar gobernar á lista máis votada permitiría que o PPdeG gobernase a case a metade dos galegos. 

Sen embargo, o feito de pasar o escrutinio polo tamiz dos pactos postelectorais ocasiona que esa cifra se reduza ata o 21,4 por cento. Pola contra, o Partido Socialista gobernará un 18 % máis de cidadáns dos que os respaldaron maioritariamente nas urnas. Por iso, volveu a reclamar Tellado a necesidade de que se abra unha reflexión a nivel nacional sobre este asunto.

A este respecto, reafirmou que os populares se ven obrigados a xogar nun taboleiro que non lle gusta pero que é o que impoñen PSOE e BNG, e que será o mesmo que lles permite a estes partidos gobernar conxuntamente as Deputacións de Lugo e A Coruña, ou cidades como Ferrol, Lugo e A Coruña.

En calqueira caso, parabéns a todos os alcaldes electos e sorte na xestion.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta