Difundimos hoxe desde o PP de Ourense, a seguinte nota de prensa:
"Os deputados do Partido Popular por Ourense, Celso Delgado Arce e Ana Vázquez Blanco, proseguen no Congreso coas súas iniciativas parlamentarias, presentando desta volta 16 novas preguntas dirixidas ao Goberno e que deberán ser respondidas por escrito, cuestión nas que se interesan pola situación de diversos proxectos relacionados con infraestruturas de alta velocidade, transporte, cultura e ríos da provincia.
Aínda que o Congreso dos Deputados vive desde a súa data de constitución, o 21 de maio, unha situación de práctica inactividade pola ausencia de investidura dun novo Goberno, os parlamentarios do PP continúan o labor de control parlamentario a través do mecanismo das preguntas escritas ao Goberno, á espera de ter a oportunidade de promover outras iniciativas de impulso como son as proposicións non de lei.
As cuestións formuladas agora e sobre as que se solicita información, son as seguintes:
Infraestruturas de alta velocidade
• ¿Que previsións ten o Ministerio de Fomento para licitar as obras correspondentes ao tramo da LAV a Galicia Seixalbo- Ourense, cumprindo así cos compromisos para avanzar nesta conexión?
• ¿Que actuacións se realizaron desde decembro de 2018 en relación co proxecto construtivo da subestación eléctrica de tracción de As Portas e o da liña de alta tensión Conso- As Portas, adxudicado por ADIF-Alta Velocidade?
Transporte ferroviario
• ¿Cal é a situación actual dos prazos previstos para a entrega a RENFE dos futuros trens AVRIL e da súa entrada en servizo na liña Madrid-Galicia, que é tan necesaria para mellorar os tempos de viaxe?
• ¿Acordará RENFE unha ampliación da oferta de billetes entre Galicia e Madrid dado o incremento importante da demanda destes servizos ferroviarios que non se satisface coa actual oferta?
• ¿Cara ao próximo Xacobeo 2021, que actuacións está a planificar RENFE para reforzar a calidade e o volume da oferta entre Galicia e Madrid?
• ¿É consciente RENFE da necesidade de rebaixar polo menos un 30 %, o prezo dos billetes dos servizos ferroviarios AVANT entre Ourense e Santiago, que son sensiblemente superiores aos cobrados no Eixo Atlántico Ferroviario?
• ¿Que previsións ten RENFE para ampliar as frecuencias horarias dos servizos AVANT entre Ourense-Santiago-A Coruña?
• ¿Que previsións ten RENFE para flexibilizar a política dos bonos de transporte dos servizos AVANT entre Ourense-Santiago-A Coruña, no relativo ao tempo de validez desde o primeiro uso?
• ¿Encargou RENFE algún estudo para prolongar os servizos AVANT (A Coruña-Santiago-Ourense) ata Monforte de Lemos?
Cultura
• ¿En que data deste outono o Ministerio de Cultura inaugurará a Biblioteca Pública e o Arquivo Provincial no complexo cultural de San Francisco en Ourense?
• ¿En que data do mes de xullo iniciaranse as obras do Museo Arqueolóxico en Ourense, tal e como anunciou en plena campaña electoral municipal o ministro de Cultura en funcións José Guirao?
Ríos
• ¿Cando está previsto o comezo das obras de prolongación do acondicionamento das marxes do río Badella, ao seu paso polo núcleo de Bande, cuxa investimento estímase en 295.000 euros e que segundo Convenio serán financiadas nun 80% pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e o 20% restante pola Deputación Provincial de Ourense?
• ¿Que actuacións de saneamento e depuración ten previstas a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para continuar coa mellora da calidade das augas do río Limia?
• ¿Cales foron os resultados das actuacións e/ou accións contidas no Proxecto LifeRegenera Limia do que é beneficiaria coordinadora a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil?
• ¿Previuse pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, algunha acción concreta no encoro de As Conchas para que durante o próximo período estival o Complexo Deportivo do Corgo en Muiños, Ourense, poida ser utilizado con normalidade durante os campamentos de verán e que non teñan que ser modificadas as actividades pola presenza de cianobacterias?
Unha vez coñecida as respostas, os deputados decidirán as actuacións parlamentarias que sexan oportunas."
Recibirá resposta