Esta mañá Manuel Baltar foi elixido hoxe
presidente da Deputación de Ourense para o mandato 2019-2023, na sesión
plenaria celebrada no Salón de Plenos do Pazo Provincial, na que foi proclamado
presidente por maioría absoluta. Unha elección que puiden seguir por televisión en circuíto pechado desde
o centro cultural Marcos Valcárcel.
Salientar do seu primeiro discurso as súas
palabras “humildade” e “reilusionar”: “Humildade, que debe sempre caracterizar
a representación política, e reilusionar, pensando nun mellor Ourense, onde
todos sexamos protagonistas”.
Tamén destacar que o
presidente da Deputación dixo que a política do pacto e do acordo “visualizase
hoxe aquí coa miña nova investidura, da que considero máis alta honra política:
presidir Ourense”.
E que subliñara o orgullo de pertenza á nosa terra:
“Fagamos Ourense desde a igualdade, pensando no futuro da nosa mocidade e
poñendo en valor o compromiso con esta terra dos nosos emigrantes.
Parabéns ao presidente Baltar.