Esta semana os deputados do Partido Popular por Ourense, Ana
Vázquez e Celso Delgado, presentamos no Congreso unha pregunta dirixida ao
Goberno na que expresamos a necesidade de crear unha unidade de seguridade
cidadá da Garda Civil (USECIC), en Ourense para apoiar aos efectivos repartidos por todos
os cuarteis da provincia nos labores de prevención no rural, no que se
concentra o 70 % da poboación, “paliando a sensación de inseguridade que sofre
a poboación nos núcleos rurais, de xeito especial polos casos de robos en
domicilios.
Os parlamentarios atendemos así a petición formulada por todas as asociacións profesionais da Garda Civil de Ourense, expresadas nos distintos encontros mantidos cos deputados.
As USECIC teñen como misión protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades dos cidadáns mediante a prevención e a primeira investigación de delictos, así como o auxilio e atención aos requirimentos da poboación as 24 horas do día, durante todos os días do ano.
Tamén exercen tarefas de apoio ao Servizo de Protección da Natureza (Seprona) na prevención de incendios forestais, traballo de especial relevancia na provincia de Ourense que, con esta nova unidade, vería reforzada a vixiancia dos montes ourensáns.

Outro dos aspectos que apoian a importancia destes equipos refírese ao carácter transfronteirizo da provincia, ao ser o territorio que ten máis quilómetros de fronteira con Portugal, reforzando así aquelas zonas limítrofes co país veciño nas que hai cuarteis, pero cun número escaso de axentes da Garda Civil.
Os deputados sinalamos que, segundo información do Goberno, das 892 prazas do Catálogo de Activos da Garda Civil en Ourense, tan só están cubertas 797, o que supón un déficit de 100 axentes na provincia.
Compre lembrar que os deputados xa presentaran na lexislatura anterior unha Proposición non de Lei solicitando a creación desta unidade, proposta que non chegou a debaterse pola convocatoria anticipada das eleccións.
Os representantes populares no Congreso agardaremos a recibir resposta do Goberno a esta pregunta para formular novamente esta PNL.
Recibirá resposta