martes, 4 de junio de 2019

Importante subida en maio da afiliación media á Seguridade Social que chega aos 19.442.113 ocupados


A afiliación media á Seguridade Social en España situouse nos 19.442.113 ocupados no último mes, a cifra máis alta na serie dos meses de maio. De feito, trátase do segundo maior rexistro da serie histórica desde que se teñen datos, só superado en xullo de 2007 (19.493.050).

A ocupación no mes creceu en 211.752 traballadores (1,10%); e nos últimos 12 meses o sistema aumenta en máis de medio millón (526.446), un 2,78%.

Este mes de maio rexistra por primeira vez unha cifra de mulleres ocupadas por encima dos 9 millóns (9.043.749). En canto aos homes, a cifra de traballadores alcanza os 10.398.364.

O Réxime Xeral alcanza 16.097.438 persoas afiliadas, trátase do rexistro máis alto da serie histórica.

Respecto a 2018

En relación ao ano pasado, o Sistema gañou 526.446 ocupados, o 2,78%. Destaca o bo comportamento do Réxime Xeral, que  incorpora 510.814 traballadores (3,28%).

Dentro do Réxime Xeral, o Sistema Especial Agrario practicamente mantense, aínda que computa 530 persoas ocupadas menos (-0,07%), mentres que o Sistema Especial do Hogar rexistra 13.282 afiliados menos (-3,16%).
O número de afiliados no Réxime Especial de Traballadores Autónomos experimentou un incremento interanual de 16.457 ocupados (0,50%). O Réxime do Mar baixou en 0,15% (98) e o Carbón rexistrou un descenso de 728 traballadores (-32,15%).

No último ano, a afiliación á Seguridade Social creceu en todas as comunidades autónomas, encabezadas por Madrid (3,50%), a Comunidade Valenciana (3,38%);  Castela-A Mancha e Región de Murcia (3,28%).

Respecto a abril

O sistema da Seguridade Social rexistrou un incremento de 211.752 afiliados medios no último mes.

O Réxime Xeral protagonizou esta subida con 200.386 afiliados máis (1,26%), ata situarse en 16.097.438 traballadores. Neste réxime, a afiliación creceu en termos absolutos na maioría dos sectores de actividade, principalmente en Hostalería, que suma 76.591 ocupados neste mes (5,72%); Actividades Administrativas e Servizos Auxiliares (23.157), Actividades Sanitarias e Servizos Sociais (16.193) e Comercio; Reparación de Vehículos de Motor e Motocicletas (12.528). Descende lixeiramente en Actividades Financeiras e de Seguros (-120).

O Sistema Especial de Empregados do  Hogar diminuíu en 1.140 persoas ocupadas (-0,28%) e agora alcanza os 406.865. En canto ao Sistema Especial Agrario, gañou 25.894 afiliados de media (3,31%), ata situarse en 808.255.

O Réxime de Autónomos conta con 3.277.855 persoas, tras aumentar en 11.114 (0,34%) no último mes. O Réxime Especial do Mar, pola súa banda, sumou 272 ocupados (0,42%) ata situarse en 65.284 ocupados. Finalmente, o Carbón sitúase en 1.537 afiliados medios (-21).

En maio, a afiliación subiu en case todas as comunidades autónomas, e con especial intensidade en Illas Baleares, que suma 52.528 persoas (10,40%). Unicamente baixa en Canarias (-478)

O dato  desestacionalizado, que serve para facer un seguimento da tendencia de fondo que subxace na evolución da afiliación, mostra un crecemento de 26.549 traballadores respecto ao mes de abril.

Destaca a relación afiliado/pensionista, que se sitúa en 2,32.

Galicia:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado mes de maio en 1.018.406 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 7.814 persoas afiliadas máis respecto ao mes anterior (0,77 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou maio con 796.943 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 210.890 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 20.572 afiliados medios.

As afiliacións á Seguridade Social aumentaron en 20.315 no último ano, unha subida do 2,04 %,  sumando xa seis anos de subidas consecutivas nun mes de maio, o que sitúa a Galicia a un nivel superior ao reflectido hai 9 anos.

Ourense:


O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado mes de maio en 102.581 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 828 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (-0,81 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un incremento de 432 ocupados (0,42 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral rematou abril con 78.728 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.853 afiliados medios. 




Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta