A afiliación media á Seguridade Social en España situouse nos 19.442.113 ocupados no último mes, a
cifra máis alta na serie dos meses de maio. De feito, trátase do segundo maior
rexistro da serie histórica desde que se teñen datos, só superado en xullo de
2007 (19.493.050).
A ocupación no mes creceu en 211.752 traballadores
(1,10%); e nos últimos 12 meses o sistema aumenta en máis de medio millón
(526.446), un 2,78%.
Este mes de maio rexistra por primeira vez unha cifra
de mulleres ocupadas por encima dos 9 millóns (9.043.749). En canto aos homes,
a cifra de traballadores alcanza os 10.398.364.
O Réxime Xeral alcanza 16.097.438 persoas afiliadas,
trátase do rexistro máis alto da serie histórica.
Respecto a 2018
En relación ao ano pasado, o Sistema gañou 526.446 ocupados,
o 2,78%. Destaca o bo comportamento do Réxime Xeral, que incorpora 510.814 traballadores (3,28%).
Dentro do Réxime Xeral, o Sistema Especial Agrario
practicamente mantense, aínda que computa 530 persoas ocupadas menos (-0,07%),
mentres que o Sistema Especial do Hogar rexistra 13.282 afiliados menos
(-3,16%).
O número de afiliados no Réxime Especial de
Traballadores Autónomos experimentou un incremento interanual de 16.457
ocupados (0,50%). O Réxime do Mar baixou en 0,15% (98) e o Carbón rexistrou un
descenso de 728 traballadores (-32,15%).
No último ano, a afiliación á Seguridade Social creceu
en todas as comunidades autónomas, encabezadas por Madrid (3,50%), a Comunidade
Valenciana (3,38%); Castela-A Mancha e
Región de Murcia (3,28%).
Respecto a abril
O Réxime Xeral protagonizou esta subida con 200.386
afiliados máis (1,26%), ata situarse en 16.097.438 traballadores. Neste réxime,
a afiliación creceu en termos absolutos na maioría dos sectores de actividade,
principalmente en Hostalería, que suma 76.591 ocupados neste mes (5,72%);
Actividades Administrativas e Servizos Auxiliares (23.157), Actividades
Sanitarias e Servizos Sociais (16.193) e Comercio; Reparación de Vehículos de
Motor e Motocicletas (12.528). Descende lixeiramente en Actividades Financeiras
e de Seguros (-120).
O Sistema Especial de Empregados do Hogar diminuíu en 1.140 persoas ocupadas
(-0,28%) e agora alcanza os 406.865. En canto ao Sistema Especial Agrario,
gañou 25.894 afiliados de media (3,31%), ata situarse en 808.255.
O Réxime de Autónomos conta con 3.277.855 persoas,
tras aumentar en 11.114 (0,34%) no último mes. O Réxime Especial do Mar, pola
súa banda, sumou 272 ocupados (0,42%) ata situarse en 65.284 ocupados.
Finalmente, o Carbón sitúase en 1.537 afiliados medios (-21).
En maio, a afiliación subiu en case todas as
comunidades autónomas, e con especial intensidade en Illas Baleares, que suma
52.528 persoas (10,40%). Unicamente baixa en Canarias (-478)
O dato
desestacionalizado, que serve para facer un seguimento da tendencia de
fondo que subxace na evolución da afiliación, mostra un crecemento de 26.549
traballadores respecto ao mes de abril.
Destaca a relación afiliado/pensionista, que se sitúa
en 2,32.
Galicia:
O número medio de afiliados á Seguridade
Social situouse o pasado mes de maio en 1.018.406 ocupados, cifra que
supuxo un aumento de 7.814 persoas afiliadas máis respecto ao mes anterior
(0,77 %).
A afiliación ao Réxime Xeral terminou maio con 796.943 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 210.890 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 20.572 afiliados medios.
A afiliación ao Réxime Xeral terminou maio con 796.943 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 210.890 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 20.572 afiliados medios.
As afiliacións á Seguridade
Social aumentaron en 20.315 no último ano, unha subida do 2,04 %, sumando xa seis anos de subidas
consecutivas nun mes de maio, o que sitúa a Galicia a un nivel superior ao
reflectido hai 9 anos.
Ourense:
O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado mes de maio en 102.581 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 828 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (-0,81 %).
En términos anuais, a afiliación no total
do Sistema rexistrou nesta provincia un incremento de 432 ocupados (0,42
%).
A afiliación ao Réxime Xeral rematou abril
con 78.728 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.853 afiliados
medios.
Recibirá resposta