jueves, 6 de junio de 2019

LAV a Galicia: Visitando as obras da nova estación de alta velocidade de Sanabria


Viaxo hoxe por estrada a Madrid e no traxecto visito as obras da nova estación
de alta velocidade de  Sanabria (Zamora) inscrita no tramo  Cernadilla-Pedralba de la Pradería do Corredor Norte-Noroeste de alta velocidade ferroviaria.

 
Unha estación que se sitúa na localidade de Otero de  Sanabria, no termo municipal de Palacios de  Sanabria,  e cuxo acceso se realizará a través dun novo viario de conexión coa estrada nacional  N-525, que á súa vez enlaza coa autovía das Rías Baixas (A-52).

Un contrato, por importe ascende a 4.009.940 euros (IVE incluído), que foi adxudicado por  Adif alta Velocidade  á UTE  COPISA- EASA.

Visitara este mesmo lugar, primeiro o 4 de xaneiro e logo o 26 de febreiro e resulta evidente que desde aquela última data as obras avanzaron dunha maneira significativa como o acreditan as fotos que acompaño, que poden comprarase coas anteriores:




Un proxecto de estación que comprende as seguintes actuacións:

- O novo edificio de viaxeiros.

- A construción dun novo tramo de 160  m de lonxitude que conecte o viario de acceso ao  PAET (Posto de Adiantamento e Estacionamento de Trens) coa urbanización da estación.


- A urbanización da estación: praza de acceso e áreas peonís.

- Aparcadoiro en superficie.

- Pasarela de conexión entre plataformas, escaleiras e rampla.

- Plataformas (soleira, pavimentos e pezas de bordo).

- Marquesiñas.

- Revexetación de noiros e restauración do ámbito de actuación.


Convén lembrar que as obras de construción da estación de alta velocidade de  Sanabria que están case rematadas non afectan as probas que xa se están realizando como paso previo  á posta en servizo da liña.

Espero que cando reciba a pertinente autorización, comece a dar servizo esta estación, o que contribuirá ao éxito e a sustentabilidade operativa da liña para que un maior número de posibles pasaxeiros residentes ao longo dela poidan utilizala. 


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta